Fento femia | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Athyrium filix-femina' (L.) Roth |
A fenta ou fento femia (Athyrium filix-femina) é unha especie de fieito longo e plumoso, natural na maior parte do Hemisferio Norte temperado, xeralmente abundante en ambientes húmidos e sombrizos (bosques) e que se planta a miúdo como elemento decorativo. Recibe tamén o nome de fento manso.
A planta é cespitosa (as frondas medran a partir do grupo basal ao longo do rizoma). As frondes son amarelo-verdosas, de 20–90 cm de lonxitude e 5–25 cm de amplo; e son caducas. Os soros semellan puntos no envés das frondes, entre 1-6 soros por pínnula, cubertos por unha prominencia albeira, e con forma de ril. As frondes son tripinnuladas.
O rizoma e as frondes novas son velenosas se están cruas, mais comestibles despois de cociñalas.