Ferdinand von Zeppelin
Nome completoFerdinand Adolf Heinrich August von Zeppelin
Nacemento8 de xullo de 1838
Lugar de nacementoConstanza
Falecemento8 de marzo de 1917
Lugar de falecementoBerlín
SoterradoPragfriedhof
NacionalidadeGrão-ducado de Baden
Alma máterBurlada - Burlata e sen etiquetar
Ocupaciónaviador, militar, balonista, enxeñeiro e enxeñeira aeroespacial
PaiFriedrich von Zeppelin
NaiAmelie Françoise Pauline Macaire
FillosHella von Brandenstein-Zeppelin
PremiosOrde da Aguia Negra, honorary citizen of Munich, Ordem de Alberto Valoroso Rei de Saxónia, Ordem de Frederico, Orde do Mérito das Ciencias e as Artes, Medalla Rudolf Diesel, Salón da Fama dos Inventores Nacionais, Order of St. Vladimir, 3rd class, Order of the Crown (Württemberg), Order of the Saxe-Ernestine, Order of the Wendish Crown, Ordem de Alberto Valoroso Rei de Saxónia, Military Merit Order, Order of Philip the Magnanimous, Order of the White Falcon, Ordem do Leão de Zähringer, Ordem da Coroa, Order of the White Eagle, Order of the Rue Crown, Honorary doctor of the Dresden University of Technology, honorary doctor of the University of Tübingen e Grashof Commemorative Medal
Na rede
Discogs: 3064310 WikiTree: Von_Zeppelin-39 Find a Grave: 23425 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ferdinand von Zeppelin, nado en Constanza (Baden-Württemberg) o 8 de xullo de 1838 e finado en Berlín o 8 de marzo de 1917, foi un inventor alemán.

Traxectoria

Este xeneral de Cabalaría serviu sucesivamente nos exércitos de Württenberg, Prusia e o Imperio Alemán. Ferdinand von Zeppelin entrou en contacto coa navegación aerostática durante a Guerra de Secesión americana (1861-65), na cal realizou varias ascensións en globo de observación para o exército do Norte. En 1890 abandonou o exército para dedicarse a desenvolver un globo ríxido dirixible con motor, que se coñecería co nome de Zeppelin.

Terminou o seu primeiro dirixible en 1900. Era de estrutura ríxida e serviu de prototipo para moitos modelos posteriores. O primeiro cepelín estaba formado por unha fileira de 17 cámaras de gas recubertas de tea encauchada e o conxunto ía encerrado nunha estrutura cilíndrica cuberta por unha tea de algodón de superficie uniforme. Tiña 128 m de longo, 12 m de diámetro e admitía un volume de hidróxeno de 11,3 millóns de litros. Controlábase con temóns a proa e a popa e tiña dous motores de combustión interna Daimler de 11 kW (15 CV), cada un dos cales impulsaba dous propulsores. Os pasaxeiros, a tripulación e o motor ían en dous góndolas de aluminio suspendidas diante e detrás. O primeiro destes dirixibles probouse na zona do lago Constanza en 1900, aínda con moitos problemas técnicos. Na primeira proba, o 2 de xullo de 1900, o dirixible transportou a cinco persoas, alcanzou unha altura de 396 m e percorreu unha distancia de 6 km en 17 minutos. En 1906 realizou unha viaxe de 24 horas por terras suízas, que empezou a espertar o entusiasmo tanto do público como do goberno alemán.

En 1909 Ferdinand von Zeppelin creou unha compañía de transporte aéreo de pasaxeiros mediante dirixibles (DELAG). Durante a primeira guerra mundial (1914-18) foron empregados máis de cen dirixibles polo exército e a mariña de Alemaña, tanto en tarefas de recoñecemento (cun papel importante na batalla de Xutlandia) como para o bombardeo aéreo do territorio inimigo (os alemáns bombardearon varios puntos de Inglaterra en 1915-17).

Así e todo, a súa lentitude, o seu tamaño e a súa fraxilidade facíaos moi vulnerables á artillaría antiaérea, unha vez que esta fixo a súa aparición, polo que deixaron de empregarse para os bombardeos despois do fracaso dun ataque sobre Londres en 1917.

Morto nese mesmo ano, Ferdinand von Zeppelin non chegou a ver cumprido o seu soño de organizar voos transatlánticos, que se fixo realidade entre 1928 e 1937. Os dirixibles seguiron utilizándose con fins comerciais durante todo o período de entreguerras (ata 1940).