Ferrari F50

Produción 1995-1997 (349 unidades)
Montaxe Maranello, Italia
Configuración
Tipo Automóbil superdeportivo
Carrozaría Berlinetta/Barchetta
Dimensións
Peso 1,230 kg
Características técnicas
Motor 4.700 cc V12
Modelos relacionados
Relacionado Ferrari F50 GT
Antecesor Ferrari F40
Sucesor Ferrari Enzo


O Ferrari F50 é un modelo de automóbil deportivo producido polo fabricante italiano Ferrari entre os anos 1995 e 1997. Foi bautizado F50 polo 50º aniversario da fábrica. O coche é un dúas portas, dous asentos convertible, cun teito duro desmontable. Pertence ó segmento de superdeportivos, conta cun motor de 4,7 litros atmosférico de 60 válvulas V12 con 520 cabalos de potencia, que se desenvolveu desde o 3,5 L V12 utilizado no Ferrari F92A de Fórmula 1 de 1992.

Só foron feitos 349 coches. O último F50 foi producido en Maranello, Italia en xullo de 1997.

Competición

A partir deste deseño, Ferrari desenvolveu o F50 GT, un prototipo baseado no F50 que foi construído para competir nas carreiras de clase GT1. O coche tiña un teito fixo, spoiler traseiro grande, novo alerón dianteiro e moitos outros axustes. O motor V12 de 4,7 litros foi axustado para xerar ao redor de 750 CV. Nas probas en 1996, o coche demostrou ser máis rápido có 333SP, pero isto non interesou e Ferrari cancelou o proxecto F50 GT.

Especificacións

Ferrari F50 en Melbourne, Australia.
Ferrari F50 traseira.
Ferrari F50.

Xeral

Dimensións

Motor

  • Colector de admisión: Fibra de carbono
  • Bloque: Ferro fundido
  • Cabezais/Pistóns: alleaxe de aluminio / pistóns forxados
  • Cárter de aceite: aluminio
  • Bielas: titanio forxado
  • Veo de manivelas: aceiro forxado
  • Levas e carcasa das bombas de auga e aceite: Magnesio moldeado en area
  • Colector de escape: aceiro inoxidable

Transmisión

  • Volante: aceiro
  • Grupo transmisión final: aluminio moldeado en area
  • Engrenaxes restantes: magnesio moldeado en area
  • Soporte: aceiro

Chasis

Dirección

Prestacións

Cores máis comúns

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas