Filetas de Cos
Nacementoséculo IV a. C.
Lugar de nacementoCos
Falecementoséculo III a. C.
Lugar de falecementoCos
NacionalidadePeríodo helenístico de Exipto
EtniaGregos
Ocupaciónlexicógrafo, lingüista, escritor, epigrammatist, poeta e gramático
PaiTelephos
editar datos en Wikidata ]

Filetas de Cos, nado en Cos c. -340 e finado c. -285[1], foi un poeta e filólogo grego, o primeiro da escola filolóxica alexandrina[2].

Traxectoria

Foi escollido por Ptolomeo I como instrutor do seu fillo do mesmo nome, nado o -308. Compuxo elexías, breves poemas épicos e epigramas. Teócrito e Calímaco enxalzárono e tivéronlle en gran aprecio[3]. Tivo por discípulos a Zenódoto de Éfeso e a Hermesianacte de Colofón. Algúns atribúenlle algúns poemas con formas de obxectos, pero o certo é que foi un dos primeiros en aspirar á brevidade e á condensación. Como filólogo estudou a lingua de Homero e compuxo unha miscelánea que compilaba e explicaba expresións dialectais inusitadas, termos técnicos e arcaísmos empregados na Iliada e a Odisea que xa na súa época aparecían como inintelixíbeis. Estas Glosas foron o comezo da erudición crítica alexandrina, da escola filolóxica alexandrina, que tería continuación en Antímaco de Colofón, Zenódoto de Éfeso, Calímaco, Eratóstenes, Aristófanes de Bizancio e Aristarco de Samotracia.

Notas

  1. Spanoudakis Filetas, p. 23
  2. Spanoudakis Filetas, p. 24
  3. A.W. Bulloch La poesía helenística, p. 5

Véxase tamén

Ligazóns externas