Foca monxe | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
En perigo[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Monachus monachus (Hermann, 1779) | |||||||||||||||||
Distribución da Foca monxe.
|
A foca monxe[2] (Monachus monachus) é unha especie pertencente á familia dos fócidos.
Os machos poden acadar os 3,40 metros de lonxitude, namentres as femias non pasan dos 2,50 metros. O lombo é escuro, sendo a parte ventral máis pálida. Non ten orellas e posúe unhas unllas fortes nas aletas dianteiras. Habita en costas e areais do mar Mediterráneo, en lugares de difícil acceso. É unha especie diúrna, sedentaria, que vive en pequenas colonias. Aliméntase de peixes, luras e crustáceos.
Antigamente estendíase por todo o mar Mediterráneo e o mar Negro. Tamén estaba presente nas costas atlánticas de Marrocos, chegando ata as Illas Canarias e Madeira. A comezos do século XXI só sobreviven uns 500 exemplares. Trátase dunha especie en grave risco de extinción.
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |