Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de novembro de 1888 San Francisco (Estados Unidos de América) |
Morte | 12 de maio de 1973 (84 anos) Os Ánxeles (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | doenza cardiovascular |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Actividade | |
Campo de traballo | Film screenwriting (en) , dirección de cine e xornalismo |
Ocupación | guionista , actriz de cinema , actriz , directora de cinema , escritora , novelista , xornalista , guionista de cinema |
Período de actividade | 1912 - |
Pseudónimo literario | Francis Marion Frank M. Clifton |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | George W. Hill (1930–1933) Fred Thomson (1919–1928) |
Premios
| |
|
Marion Benson Owens, nada en San Francisco o 18 de novembro[1] de 1888 e finada nos Ánxeles o 12 de maio de 1973, foi unha xornalista, escritora e guionista estadounidense, coñecida como Frances Marion, decotío citada como unha das mulleres guionistas máis destacadas do século XX, xunto con June Mathis e Anita Loos. Foi a primeira guionista en recibir dous premios Oscar.
Marion naceu en San Francisco (California), filla de Len Owens e Minnie Benson.[2] Tiña unha irmá máis vella, Maude, e un irmán máis novo, Len.[2] Os seus pais divorciáronse cando ela tiña dez anos e marchou vivir coa súa nai. Abandonou a escola aos doce anos tras ser pillada debuxando unha banda deseñada da súa mestra. Pasou logo a unha escola en San Mateo e despois a unha escola de arte de San Francisco cando tiña dezaseis anos. Esta escola foi destruída no terremoto de San Francisco de 1906.[3]
Mentres estaba en San Francisco traballou como axudante de fotografía de Arnold Genthe e experimentou co deseño fotográfico e os filmes en cor. Máis tarde traballou como artista comercial para Western Pacific Railroads e como reporteira do San Francisco Examiner. Despois de mudarse aos Ánxeles foi artista de carteis no Morosco Theater, ademais de deseñar anuncios nunha empresa de publicidade.[4]
No verán de 1914 foi contratada como guionista axudante, actriz e axudante xeral por "Lois Weber Productions", produtora propiedade da pioneira directora cinematográfica Lois Weber. Puido converterse en actriz, mais prefería o traballo detrás das cámaras. Aprendeu a escribir guións de Weber, e de feito escribiu un para ela, mais despois queimouno.
Marion traballou como xornalista e foi correspondente durante a primeira guerra mundial.[5] Documentou a contribución das mulleres ao esforzo bélico na fronte e foi a primeira muller en cruzar o Rin tralo armisticio.[6]
Escribiu co nome de Frances Marion moitos guións para a actriz Mary Pickford, incluíndo os de Rebecca of Sunnybrook Farm e The Poor Little Rich Girl. Tamén escribiu guións para outros filmes de éxito das décadas de 1920 e 1930. Durante eses anos gañaba un salario de 50 000 dólares ao anos, cantidade inaudita nese tempo.[7] Foi a primeira muller en gañar un Oscar ao mellor guión adaptado, que conseguiu en 1930 polo filme The Big House e dous anos despois gañou o Oscar ao mellor argumento por The Champ. En total participou en máis de 300 guións e máis de 130 filmes. Tamén dirixiu e actuou de xeito ocasional nalgúns dos primeiros filmes de Mary Pickford.
Durante moitos anos estivo baixo contrato con MGM Studios, mais a pesar da súa boa posición, abandonou Hollywood en 1946 para dedicar máis tempo a escribir teatro e novelas.
Faleceu en 1973 a consecuencia da rotura dun aneurisma.[8]
Marion casou en catro ocasións, as dúas primeiras, con Wesley de Lappe e Robert Pike, antes de cambiar o seu nome. En 1919 casou co actor Fred Thomson, que protagonizou con Mary Pickford The Love Light en 1921.[5] Era amiga tan íntima de Pickford, que foron xuntas de lúa de mel cando Pickford casou con Douglas Fairbanks e Marion con Thomson.[7] Tralo inesperado pasamento de Thomson en 1928, casou co director George W. Hill en 1930, aínda que o matrimonio finalizou en divorcio en 1933. Tivo dous fillos, Fred C. e Richard (adoptado). Fred chegou a ser editor das obras de George Eliot.
Ano | Título | Intérpretes | Notas |
---|---|---|---|
1912 | The New York Hat | Mary Pickford, Lionel Barrymore, Lillian Gish | Contribuidora do guión |
1915 | Camille | Clara Kimball Young, Paul Capellani, Robert Cummings | Argumento |
A Girl of Yesterday | Mary Pickford, Frances Marion, Glenn L. Martin | Actriz | |
1916 | The Gilded Cage | Alice Brady, Montagu Love, Alec B. Francis | Argumento, escritora |
1917 | A Little Princess | Katherine Griffith, Mary Pickford, Norman Kerry, ZaSu Pitts, Theodore Roberts | Escritora |
Rebecca of Sunnybrook Farm | Mary Pickford, Eugene O'Brien | Escritora | |
The Poor Little Rich Girl | Mary Pickford, Madlaine Traverse, Charles Wellesley, Gladys Fairbanks | Escritora | |
1918 | Stella Maris | Mary Pickford | Photoplay |
How Could You, Jean? | Mary Pickford | Argumento | |
M'Liss | Mary Pickford | Escritora | |
Amarilly of Clothes-Line Alley | Mary Pickford, William Scott, Kate Price | Escritora | |
1919 | The Cinema Murder | Marion Davies, Eulalie Jensen, Anders Randolf, Reginald Barlow | Argumento |
Anne of Green Gables | Mary Miles Minter | Escritora | |
1920 | Pollyanna | Mary Pickford | Adaptación |
The Flapper | Olive Thomas, Warren Cook | Guión, historia | |
The Restless Sex | Marion Davies, Ralph Kellard | Escritora | |
1921 | The Love Light | Mary Pickford, Evelyn Dumo | Directora, historia (sen acreditar) |
1922 | The Toll of the Sea | Anna May Wong, Kenneth Harlan, Beatrice Bentley | Argumento (sen acreditar), historia |
1923 | The Famous Mrs. Fair | Myrtle Stedman, Huntley Gordon | Adaptación, guión |
1924 | Secrets | Norma Talmadge | Adaptación |
Cytherea | Alma Rubens, Constance Bennett, Norman Kerry, Lewis Stone, Irene Rich | Adaptación | |
The Dramatic Life of Abraham Lincoln | George A. Billing, Ruth Clifford, George K. Arthur, Louise Fazenda | Historia, guión | |
1925 | Stella Dallas | Ronald Colman, Belle Bennett, Lois Moran | Adaptación |
A Thief in Paradise | Doris Kenyon, Ronald Colman, Aileen Pringle | Adaptación | |
Thank You | Alec B. Francis, Jacqueline Logan | Escritora | |
Lightnin' | Jay Hunt, Wallace MacDonald | Escritora | |
1926 | The Scarlet Letter | Lillian Gish, Lars Hanson | Adaptación, argumento, títulos |
The Winning of Barbara Worth | Ronald Colman, Vilma Bánky | Adaptación | |
Son of the Sheik | Rudolph Valentino, Vilma Bánky, Montagu Love, Karl Dane, George Fawcett | Adaptación | |
1927 | The Red Mill | Marion Davies | Adaptación, guión |
Love | John Gilbert, Greta Garbo | Continudade | |
Madame Pompadour | Dorothy Gish | Escritora | |
1928 | The Wind | Lillian Gish, Lars Hanson, Montagu Love, Dorothy Cumming | Argumento |
The Awakening | Vilma Bánky, Walter Byron | Historia | |
Bringing Up Father | J. Farrell MacDonald, Polly Moran, Marie Dressler | Escritora | |
1929 | Their Own Desire | Norma Shearer, Belle Bennett, Lewis Stone, Robert Montgomery, Helene Millard | Guión |
1930 | Min and Bill | Marie Dressler, Wallace Beery | Diálogos, argumento |
The Big House | Robert Montgomery, Wallace Beery, Chester Morris, Lewis Stone | Diálogos, historia Oscar ao mellor guión adaptado | |
Good News | Mary Lawlor, Stanley Smith | Argumento | |
The Rogue Song | Lawrence Tibbett, Catherine Dale Owen | Escritora | |
Anna Christie | Greta Garbo, Charles Bickford, George F. Marion, Marie Dressler | Escritora | |
1931 | Anna Christie | Greta Garbo, Theo Shall, Hans Junkermann | Adaptación |
The Secret Six | Wallace Beery, Lewis Stone, John Mack Brown, Jean Harlow, Clark Gable, Ralph Bellamy, Marjorie Rambeau | Diálogos, guión | |
The Champ | Wallace Beery, Jackie Cooper, Irene Rich, Roscoe Ates | Historia Oscar ao mellor argumento | |
1932 | Blondie of the Follies | Marion Davies, Robert Montgomery, Billie Dove | Guión, historia |
Emma | Marie Dressler, Richard Cromwell, Jean Hersholt, Myrna Loy | Historia | |
1933 | Peg o' My Heart | Marion Davies, Onslow Stevens, J. Farrell MacDonald | Adaptación |
Cea ás oito | Marie Dressler, John Barrymore, Wallace Beery, Jean Harlow, Lionel Barrymore, Billie Burke | Guión | |
The Prizefighter and the Lady | Myrna Loy, Max Baer, Walter Huston, Primo Carnera, Jack Dempsey | Historia Candidata ao oscar ao mellor argumento | |
Going Hollywood | Marion Davies, Bing Crosby, Fifi D'Orsay, Stuart Erwin | Historia (sen acreditar) | |
Secrets | Mary Pickford, Leslie Howard | Escritora | |
1936 | Camille | Greta Garbo, Robert Taylor, Lionel Barrymore | Guión |
Riffraff | Jean Harlow, Spencer Tracy | Guión, historia | |
Poor Little Rich Girl | Shirley Temple, Alice Faye, Jack Haley, Gloria Stuart, Michael Whalen, Claude Gillingwater | Escritora | |
1937 | Knight Without Armour | Marlene Dietrich, Robert Donat | Adaptación |
Love from a Stranger | Ann Harding, Basil Rathbone | Adaptación | |
1940 | Green Hell | Douglas Fairbanks, Jr. Vincent Price, Joan Bennett, Alan Hale, Sr., George Sanders, John Howard | Historia orixinal, guión |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Frances Marion |