Francisco Vega Ceide
Nacemento22 de maio de 1912
Lugar de nacementoCastro de Rei
Falecementonovembro de 1936
Lugar de falecementoAravaca
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta
editar datos en Wikidata ]

Francisco Vega Ceide, coñecido como Francisco de Fientosa, nado no Cordón (Santa Locaia, Castro de Rei) o 22 de maio de 1912 e finado en Aravaca en novembro de 1936, foi un poeta galego.

Traxectoria

Parente de Xosé Crecente Vega do que foi discípulo. Poeta vangardista con gran fidelidade por Noriega Varela. Foi asasinado en Aravaca en novembro de 1936, nunha vinganza por celos de compañeiros de estudos da Universidade Central de Madrid.[Cómpre referencia] O franquismo tratou de manipular a súa morte, o 26 de xuño de 1939 celebrouse na igrexa de Santa Locaia o funeral polo seu eterno descanso e publicaron unha nota necrolóxica co texto:

El señor Don Francisco Vega Ceide (Francisco de Fientosa), Licenciado en Filosofía y Letras, murió por Diós y por la Patria vilmente asesinado por las hordas marxistas en Madrid, en el mes de noviembre de 1936 a los 24 años de edad. R.I.P.

Tamén na fachada da Universidade Complutense aparece o seu nome na lista dos que morreron "Por Dios y por España".

Obras

Escritor en castelán, tamén ten poemas e escritos en galego. En vida publicou tres libros: Lendas (1931), libro de poemas en galego que hoxe está desaparecido, Triángulo isósceles, poemario publicado en Madrid en 1934 e El alba del quechemarín, poemario publicado en Santiago en 1935. Deixou rematados outros dous volumes: o poemario Trébol de cuatro hojas e un de prosa titulado Gente cordial.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas