Frank Gehry
Nome completoFrank (Ephraim) Owen Goldberg
AlcumeGehry, Frank Owen
Nacemento28 de febreiro de 1929
Lugar de nacementoToronto
NacionalidadeEstados Unidos de América e Canadá
Alma máterUniversidade do Sur de California, Universidade Harvard, USC School of Architecture, Harvard Graduate School of Design, Bloor Collegiate Institute e Harbord Collegiate Institute
Ocupaciónarquitecto, escultor, furniture designer, deseñador, desenhador de joias e escenógrafo
Coñecido porDZ Bank building, Beekman Tower, Fondation Louis Vuitton, Walt Disney Concert Hall, Dwight D. Eisenhower Memorial, Centro Stata, Biomuseo, Museo Guggenheim Bilbao, Weisman Art Museum e Guggenheim Abu Dhabi
PremiosMedalla de Ouro do AIA, National Medal of Arts, Premio Pritzker, Praemium Imperiale, Premio Steiger, The Dorothy and Lillian Gish Prize, Wolf Prize in Architecture, Medalla de Ouro do RIBA, Companion of the Order of Canada, Premio Príncipe de Asturias das Artes, Medalla Presidencial da Liberdade, Salón da Fama de California, Golden Lion, honorary doctorate of the University of Alcala, Medalha do jubileu de ouro da Rainha Isabel II, Queen Elizabeth II Diamond Jubilee Medal, Ordem do Canadá, Order of Charlemagne, Twenty-five Year Award, National Design Awards, Frederick Kiesler Prize e Great Immigrants Award
Na rede
https://www.foga.com
IMDB: nm0962197 TED: frank_gehry Musicbrainz: cfeebb80-9dd1-4161-b67b-1c084c8b5d19 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Museo Guggenheim Bilbao, unha das súas principais obras.

Frank Owen Gehry, nado en Ephraim Goldberg (Toronto) o 28 de febreiro do 1929,[1] é un arquitecto canadense.

É coñecido polos seus deseños esculturais dos edificios. Tamén é recoñecíbel polas estruturas curvas cubertas na súa meirante parte por metais reflectivos. A súa obra máis famosa, e a que amosa mellor a expresión do seu traballo, é o Museo Guggenheim Bilbao, que está recuberto de titanio. Foi gañador do Premio Pritzker no ano 1989 e do Premio Princesa de Asturias das Artes en 2014.

Traxectoria

Nado en Toronto nunha familia xudía, Gehry mudouse aos 17 anos aos Ánxeles (California) para se formar na Universidade de California do Sur en arquitectura. Despois comezou a estudar planeamento urbano en Harvard, mais non rematou. Actualmente mora nos Ánxeles, estando xa naturalizado estadounidense.

O director Sydney Pollack fixo no ano 2005 unha película documental sobre a súa persoa, titulada Sketches of Frank Ghery (apuntamentos de Ghery), na que se fala dos seus inicios, das relacións e sentimentos cara as súas obras, ou das críticas que recibe.

Premios

En recoñecemento ao seu labor, Frank Gehry recibiu numerosos e prestixiosos premios e distincións, como as seguintes:

  • 1977 - Arnold W. Brunner Memorial Prize in Architecture (American Academy of Arts and Letters.)
  • 1989 - Premio Pritzker.
  • 1992 - Premio da Fundación Wolf das Artes (Arquitectura).
  • 1992 - Praemium Imperiale Award for Architecture, da «Japan Art Association».
  • 1994 - Premio Dorothy and Lillian Gish.
  • 1998 - National Medal of Arts (AEB).
  • 1998 - Premio Friedrich Kiesler.
  • 1999 - Medalla de Ouro do AIA, American Institute of Architects (AEB).
  • 2000 - Medalla de Ouro, Royal Institute of British Architects.
  • 2002 - Gold Medal for Architecture (American Academy of Arts and Letters).
  • 2002 - Comendador da Orde do Canadá.
  • 2003 - Medalla de Prata de Caldes de Malavella.
  • 2008 - Gran Cruz da Orde de Carlomagno do Principado de Andorra (despois rexetouna).
  • 2014 - Premio Príncipe de Asturias das Artes.[2]

Obras representativas

Imaxes dalgúns edificios do arquitecto

Notas

  1. "Frank Gehry clears the air", Globe and Mail, 28 de xullo, 2010
  2. Premio Príncipe de Asturias das Artes 2014

Modelo:PremiosPritzker