Gaiola de seguridade dun Renault Mégane R26.R

Unha gaiola de seguridade[1] (tamén coñecida polo nome de barras antienvorcadura[2] ou barras antienvorco[3]) é un marco metálico construído dentro ou arredor da cabina dun vehículo, cuxo obxectivo é protexer os pasaxeiros se houber un accidente, especialmente no caso de envorcadura. Ademais de seren un sistema de seguridade, tamén aumentan a rixidez do chasis. As gaiolas de seguridade son empregadas na meirande parte dos automóbiles de carreiras.

Os automóbiles de tipo cabriolé acostuman ter unhas pequenas barras antienvorco colocadas detrás do asento do condutor e dos acompañantes como sistema de seguranza. Ás veces estas barras teñen forma de arco. Nalgúns casos poden estar agochadas no interior do vehículo e saíren ó exterior cando un sensor detecta unha posible envorcadura. O marco do parabrisas tamén acostuma estar reforzado e serve como parte do sistema antienvorco.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. Ficha de homologación acorde co regulamento técnico do Kart-Cross Pro-Junior Arquivado 12 de xuño de 2013 en Wayback Machine. Federación Galega de Automobilismo
  2. RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2007 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, procedemento aberto e trámite urxente, da subministración consistente na adquisición e instalación de 70 estruturas de barras antienvorcadura en vehículos motobomba pertencentes ao Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais. Diario Oficial de Galicia
  3. "Tráfico avoga por tractores con antienvorco e arneses para reducir a mortalidade" Arquivado 30 de decembro de 2014 en Wayback Machine. Galiciaé