Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1470 (Gregoriano) Évora |
Morte | 3 de febreiro de 1536 (Gregoriano) (65/66 anos) Évora |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Portuguesa |
Actividade | |
Ocupación | poeta , diplomático , secretario , escritor , arquitecto , historiador , cantante |
Lingua | Lingua portuguesa |
Garcia de Resende, nado en Évora en 1470 e finado na mesma cidade o 3 de febreiro de 1536, foi un poeta, cronista, músico, pintor e arquitecto portugués.[1]
Fillo de Francisco de Resende, fidalgo da corte de Afonso V de Portugal, "criado" do bispo da diocese de Évora Garcia de Meneses, a quen Xoán II de Portugal doou o 28 de xuño de 1484 unha Herdade no termo de Évora, e da súa muller Beatriz Boto, que viviu en dita vila.[2]
En 1490 era mozo da cámara de Xoán II (1481-1495), e o ano seguinte o seu moço de escrevaninha ou secretario particular, cargo que exercía aínda en Alvor, onde o soberano veu a falecer.[3] Cóubolle ser designado secretario-tesoureiro da fastosa embaixada liderada por Tristão da Cunha, enviada por Manuel I (1495-1521) ao papa León X. Os últimos anos de vida pasounos en Évora, onde era propietario.
Como moitos homes do Renacemento, Garcia de Resende tiña moitas facetas: trobaba, tanxía, deseñaba e pénsase que era entendido en arquitectura militar.
Algúns historiadores considérano o iniciador do ciclo dos Castros, pois as súas trobas referentes á morte de Inés de Castro son o máis antigo documento poético coñecido versando sobre o asunto. Escribiu a Miscelânea en redondillas, curiosa anotación de personaxes e de acontecementos, nacionais e europeos. Nesa obra atribúe en versos a Gil Vicente a innovación da comedia de costumes en Portugal, cando o teatro da época se limitaba a ser un mixto de teatro litúrxco e teatro pastoril, conforme afirma Clovis Monteiro que transcribiu o seguinte fragmento da citada obra e no cal é tamén citado Juan del Encina:[4]
Mais o que tornou Resende coñecido foi o Cancioneiro Geral, publicado en 1516, que reuniu as composicións poéticas producidas nas cortes de D. Afonso V (1438-81), D. João II e D. Manuel I,[5] téndolle redactado un prólogo dedicado ao príncipe D. João e composto as corenta e oito trobas con que encerra a obra.
Foi sepultado en campa armoriada con brasón e timbre dos de Resende, en Capela que instituíu en 1520 na cerca do Convento do Espinheiro, en Évora.
En 1933 o Concello de Lisboa homenaxeou o escritor dando o seu nome a unha rúa na Calzada de Carriche.