Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de maio de 1868 París, Francia |
Morte | 15 de abril de 1927 (58 anos) Niza, Francia |
Lugar de sepultura | Cimetière du Château (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Actividade | |
Lugar de traballo | Francia |
Ocupación | xornalista , guionista , dramaturgo , novelista , escritor , avogado |
Período de actividade | 1887 - |
Xénero artístico | Reportaxe |
Lingua | Lingua francesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios
| |
Páxina web | gaston-leroux.net |
|
Gaston Leroux, nado en París en 1868 e finado en Niza en 1927, foi un escritor e xornalista francés.
Pasou a infancia na rexión de Caux, volta a París para estudar dereito e faise avogado, pero exerce a profesión por pouco tempo. En 1892 entra en L'Écho de Paris, e en 1894 exerce de cronista xudicial para Le Matin, onde acada gran sona coas súas crónicas do asunto Dreyfus. Como correspondente de Le Matin viaxa por Italia, Marrocos e entre 1904 e 1906 permanece en Rusia, onde é testemuña da tentativa de revolución de 1905. En 1907 deixa o xornalismo e dedícase a escribir novelas. O misterio do cuarto amarelo (Le Mystère de la chambre jaune) publicado por entregas en 1907 en L'Illustration, a obra é unha novela de detectives, protagonizada por Joseph Rouletabille, que se converte nun grande éxito internacional, Leroux inspirouse na idea do recinto pechado que utilizara Edgar Allan Poe en Os crimes da rúa Morgue (1841).
Leroux escribiu fundamentalmente novelas de misterio, entre elas O misterio do cuarto amarelo ou Le Parfum de la dame en noir, algunhas cun forte toque humorístico como A cadeira tráxica, novelas de fantasía como L'Homme qui revient de loin e novelas de terror entre as que destacan as cinco novelas protagonizadas por Chéri-Bibi. Dende 1908 viviu na Costa Azul.
Gastón Leroux escribiu 35 novelas, 6 obras de teatro e 3 libros de reportaxes.