Gaston Thorn
Nacemento3 de setembro de 1928
Lugar de nacementoLuxemburgo
Falecemento26 de agosto de 2007
Lugar de falecementoLuxemburgo
SoterradoCimetière Notre-Dame
NacionalidadeLuxemburgo
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade de Montpellier, Universidade de Lausana e Athénée de Luxembourg
Ocupaciónpolítico, diplomático, avogado, banqueiro e membro da resistencia
CónxuxeLiliane Thorn-Petit
PremiosGrand Cross of the Order of the Oak Crown, Creu de Sant Jordi, Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Gran Cruz da Orde El Sol do Perú, Gran Cruz da Orde do Infante Don Enrique, Grã-Cruz da Ordem do Mérito, Ordem de Pio IX, Grã-Cruz da Ordem Militar de Cristo, Golden Duck Award, Ehrensenator, honorary citizen of Brussels, Grand Cordon of the Order of Leopold, Gran Cruz da Orde de Dannebrog, Grand Cross of the Order of the Crown, Knight Grand Cross in the Order of the Netherlands Lion, Knight Grand Cross of the Order of Pius IX‎, Grand Officer of the National Order of the Ivory Coast e Knight Grand Cross of the Order of the Falcon
Na rede
WikiTree: Thorn-2192
editar datos en Wikidata ]
Reunión en 1983 do G-7 en Williamsburg, Virxinia (de esquerda a dereita) Pierre Trudeau, Gaston Thorn, Helmut Kohl, François Mitterrand, Ronald Reagan, Yasuhiro Nakasone, Margaret Thatcher, Amintore Fanfani.

Goston Thorn, nado o 3 de setembro de 1928 e finado o 26 de agosto de 2007, foi un político luxemburgués, presidente da Comisión Europea (1981 — 1985).

Naceu na cidade de Luxemburgo. Mentres que aínda estaba na escola uniuse a actividades da resistencia durante a ocupación alemá, e pasou varios meses na prisión. Despois da guerra estudou lei en Montpellier, Lausana e París, e practicou o dereito en Luxemburgo antes de se incorporar á política en 1959, representando o Partido Democrático Liberal, do que foi presidente a partir de 1961. Foi ministro de asuntos exteriores e ministro do comercio exterior de Luxemburgo de 1969 ó 1980, primeiro ministro entre 1974 e 1979 e ministro de economía desde 1977 ó 1980. Foi tamén membro do Parlamento Europeo entre 1959 a 1969. Elixido en 1980 presidente da Comisión das Comunidades Europeas (agora chamada a Unión Europea), sucedendo a Roy Jenkins. Tomou posesión o 12 de xaneiro de 1981. Visto politicamente moi próximo do presidente de Francia, Valéry Giscard d'Estaing, e en xeral como un defensor dos intereses franceses en políticas europeas.


Predecesor:
Roy Jenkins
 
Presidente da Comisión Europea
 
1981 - 1985
Sucesor:
Jacques Delors