![]() ![]() | |||||||||||||||
Nome orixinal | Georgii Evgenevich Lvov | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||
Nacemento | Георгий Евгеньевич Львов 2 de novembro de 1861 ![]() Dresden ![]() | ||||||||||||||
Morte | 7 de marzo de 1925 ![]() Boulogne-Billancourt, Francia ![]() | ||||||||||||||
Lugar de sepultura | Cemitério Russo de Sainte-Geneviève-des-Bois (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||
Cargos estadista e político | |||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||
País de nacionalidade | Imperio Ruso República Russa (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||
Educación | Moscow State University, Faculty of Law (en) ![]() Q16482566 ![]() ![]() | ||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||
Ocupación | primeiro presidente da Rusia post-imperial | ||||||||||||||
Período de actividade | entre o 15 de marzo e o 21 de xullo de 1917 | ||||||||||||||
Partido político | Partido Democrático Constitucional ![]() | ||||||||||||||
Membro de | |||||||||||||||
Lingua | Lingua rusa ![]() | ||||||||||||||
Outro![]() | |||||||||||||||
Título | Príncipe ![]() | ||||||||||||||
Familia | Lvov princely family (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||
Pai | Yegeny Lvov (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||
Irmáns | Aleksey Lvov (en) ![]() ![]() ![]() | ||||||||||||||
![]() ![]() | |||||||||||||||
Lista
|
Georgii Evgenevich Lvov (en ruso: Георгий Евгеньевич Львов), nado en Dresde o 30 de novembro de 1861 e finado o 7 de marzo de 1925, foi un nobre ruso, primeiro presidente da Rusia post-imperial, entre o 15 de marzo e o 21 de xullo de 1917.[1]
O príncipe Lvov naceu nunha familia nobre, descendente dos príncipes soberanos de Iaroslavl. Non moito despois do seu nacemento, a súa familia mudouse a Popovka, preto de Tula (Rusia) desde Alemaña. Graduouse en Dereito na Universidade de Moscova e traballou como funcionario ata 1893. Durante a guerra ruso-xaponesa, organizou traballos de reforzo no leste e en 1905, alistouse no partido Liberal. Un ano despois, gañou a elección para a primeira Duma. Foi o presidente da Unión de Zemstovs en 1914 e en 1915 chegou a ser o líder desta así como da Unión de Cidades que axudaron con voluntarios para a Guerra Mundial.
Despois da Revolución de Febreiro e a abdicación do tsar Nicolao II, Lvov accedeu ó poder do Goberno Provisional en 1917. Ao non alcanzar suficientes apoios, dimitiu en xullo dese ano en favor do ministro de Xustiza Aleksandr Kerenskii. Lvov foi arrestado cando os bolxeviques se fixeron co poder ó ano seguinte. Escapou e exiliouse en París onde pasou o resto da súa vida.
Lvov, Gueorgui Yevguénievich Príncipe ruso (1861-1925)
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Predecesor: Miguel II de Rusia |
Presidente do Goberno Provisional 1917 (15 de marzo - 21 de xullo) |
Sucesor: Aleksandr Kerenskii |