Gerardo Gatell | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Gerardo Gatell Valls | ||
Nacemento | 6 de setembro de 1940 | ||
Lugar de nacemento | Torredembarra | ||
Falecemento | 24 de maio de 1989 | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1963–1964 | Espanyol | 8 | (0) |
1964–1966 | Levante | 27 | (0) |
1966–1968 | Deportivo da Coruña | 21 | (0) |
1968–1970 | Valladolid | 44 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Gerardo Gatell Valls, nado en Torredembarra (Tarragona) o 6 de setembro de 1940 e finado o 23 de maio de 1989, foi un futbolista español. Xogaba de defensa.
Na tempada 1966–67 fichou polo Deportivo da Coruña, sendo un dos habituais da defensa, xunto con José Manuel Sertucha e José Domínguez. Nesa campaña participou en 21 partidos e o equipo galego descendeu a Segunda División.
Na tempada 1968–69 foi contratado polo Real Valladolid, en Segunda División. Na campaña 1969–70 o equipo descendeu a Terceira División. Nos dous anos en Valladolid participou en 34 partidos.