![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de decembro de 1783 ![]() Milán ![]() |
Morte | 23 de decembro de 1851 ![]() Turín ![]() |
Member of the Chamber of Deputies of the Kingdom of Sardinia (en) ![]() | |
1 de febreiro de 1849 – 30 de marzo de 1849 Lexislatura: 2nd Legislature of the Kingdom of Sardinia (en) ![]() | |
Member of the Chamber of Deputies of the Kingdom of Sardinia (en) ![]() | |
8 de maio de 1848 – 30 de decembro de 1848 Lexislatura: 1st Legislature of the Kingdom of Sardinia (en) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino da Sardenha (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poeta , político , tradutor , escritor ![]() |
Partido político | Dereita Histórica ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua italiana, lingua inglesa, lingua francesa e lingua alemá ![]() |
Obra | |
Obras destacables | |
![]() ![]() |
Giovanni Berchet, nado o 23 de decembro de 1783 e finado o 23 de decembro de 1851, foi un escritor italiano.
Naceu en Milán nunha familia de orixe savoiana baixo o nome de Riccardo Michelini, na súa mocidade traduciu poesía que expresaba o novo gusto romántico como a oda "The Bard" de Thomas Gray e novelas como "The Vicar of Wakefield" de Oliver Goldsmith.
En 1816 escribiu o manifesto máis importante do romanticismo italiano, a "Lettera semiseria di Grisostomo al suo figliolo". En 1818 formou parte do grupo que fundou Il Conciliatore, a publicación que se constituíu en voceira das posicións románticas. Dous anos despois inscribiuse na sociedade secreta da Carbonería, cultivando simultaneamente a paixón política e a literaria. Participou na insurrección de 1821 e ó fracasar tivo que se exiliar en París, Londres e finalmente Bélxica. Durante o período belga sobresae a súa produción pética: "I profughi di Parga" (1821), "Romanze" (1822-1824) e "Le fantasie" (1829). Volveu a Italia en 1845, participou nos cinco días de Milán en 1848 e loitou con todos os medios posibles pola consecución da unidade de Italia, logo do fracaso da Primeira Guerra de Independencia Italiana e a inicial prevalencia de Austria tívose que retirar ó Piemonte. En 1850 aliouse coa dereita histórica e elixírono ó Parlamento subalpino. Morreu na capital piemontesa o ano seguinte.