Globomedia | |
---|---|
Tipo | negocio e empresa |
Data de fundación | 26 de outubro de 1993 |
Fundador(es) | Emilio Aragón Álvarez e Daniel Écija |
Sede | Madrid |
País | España |
40°30′54″N 3°40′22″O / 40.515, -3.6727777777778 | |
Na rede | |
http://www.globomedia.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Globomedia é unha produtora de televisión española, creadora de series de ficción, programas de entretemento, películas, anuncios de televisión e outros contidos audiovisuais. Dende 2009 está presidida por Daniel Écija. Forma parte do Grupo Globomedia, un conglomerado de empresas que actúa en toda a cadea de valor do audiovisual, con presenza en máis de 150 países de todo o mundo.
Globomedia produciu ata abril de 2015 un total de 40 series de ficción, 114 programas de entretemento, 12 longametraxes, 8 espectáculos teatrais e numerosas galas e especiais de televisión.
Globomedia produciu, dende a súa fundación, numerosas galas e especiais para distintas cadeas de televisión, como La noche más mágica (1997, Telecinco) ou a gala dos Premios Amigo de 2000 (Antena 3).[1]
Dende 2012 produce, en colaboración con Fanta, a gala anual dos premios Neox Fan Awards.[2]
En xaneiro de 2015 produce para Antena 3 a gala 25 años emocionando, un especial de gran formato con motivo do 25 aniversario da cadea.[3]
Título | Xénero | Director | Data de estrea |
---|---|---|---|
La isla de la tortuga | Drama | Jesús del Cerro | 11 de febreiro de 1999 |
¡Mamá, preséntame a papá! | Comedia | Charlotte de Turckheim | 23 de xullo de 1999 |
No te fallaré | Drama | Manuel Ríos San Martín | 2 de marzo de 2001 |
Fuera de carta | Comedia | Nacho G. Velilla | 11 de abril de 2008 |
Carlitos y el Campo de los Sueños | Comedia | Jesús del Cerro | 22 de agosto de 2008 |
Fuga de cerebros | Comedia | Fernando González Molina | 24 de abril de 2009 |
Pájaros de papel | Comedia dramática | Emilio Aragón | 12 de marzo de 2010 |
3 metros sobre el cielo | Drama | Fernando González Molina | 3 de decembro de 2010 |
Águila Roja: la película | Aventuras | José Ramón Ayerra | 20 de abril de 2011 |
Fuga de cerebros 2 | Comedia | Carlos Therón | 2 de decembro de 2011 |
Tengo ganas de ti (3MSC 2) | Drama | Fernando González Molina | 22 de xuño de 2012 |
Kamikaze | Comedia dramática | Álex Pina | 28 de marzo de 2014 |
A Night in Old Mexico | Drama | Emilio Aragón | 9 de maio de 2014 |
Globomedia produciu un total de 19 programas documentales, para distintas cadeas de televisión, entre os que destacan Planeta Zara (2002, Canal+), La huella de la cocaína (2003, Documentos TV de TVE) ou La vida de Miliki: el largo camino de regreso (2012, Antena 3).
Título | Xénero | Data de estrea |
---|---|---|
Noviembre (de David Mamet) | Comedia | 10 de outubro de 2008 |
¡Que viene Richi! | Comedia. Adaptación de The Nerd de Larry Shue | 12 de febreiro de 2008 |
Los irrepetibles | Improvisación | 7 de setembro de 2006 |
Hombres, mujeres y punto | Comedia en vivo | 19 de agosto de 2004 |
4 años y 1 día | Comedia | 21 de agosto de 2003 |
5mujeres.com | Comedia en vivo | 21 de agosto de 2002 |
Francamente, la vida según San Francisco | Comedia en vivo | 1 de abril de 2001 |
5hombres.com | Comedia en vivo | 29 de setembro de 2000 |
Globomedia Música é a división do Grupo Globomedia dedicada a crear música utilizada en series, programas de televisión e filmes do Grupo.[4] Editou a produción musical de artistas como Pol 3.14, Miguel Ángel Muñoz, Fran Perea, El sueño de Morfeo, Robert Ramírez e Pignoise, entre outros. Tamén xestiona a produción musical de Francis White e María Sagana.