Gloria Macapagal-Arroyo, nada o 5 de abril de 1947 é unha académica e ex-política filipina, que foi presidenta de Filipinas dende o 20 de xaneiro de 2001 ata o 30 de xuño de 2010.
É membro da Academia Filipina da Lingua Española, irmandada coa Real Academia Española.[1]
Macapagal-Arroyo é a filla do anterior presidente Diosdado Macapagal e de Evangelina Macaraeg.[2] Chegou a ser a presidenta en 2001 durante Revolución de EDSA II que desprazou a Joseph Ejército Estrada no medio de acusacións de extensa corrupción. Arroio foi reelixida en 2004, derrotando ao principal líder da oposición filipina, o actor Fernando Poe Jr.[3]
Foi a 14ª presidenta de Filipinas e a segunda muller en ocupar o cargo despois de Corazón Aquino. No ano 2005, foi mencionada na revista Forbes como a cuarta muller máis poderosa do mundo. Foi galardoada co Premio Internacional Don Quixote 2009.[4]