Detalles da carreira[1] | ||
---|---|---|
Carreira 21 de 22 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2023. | ||
![]() Trazado do Circuíto urbano de Las Vegas | ||
Data | 18 de novembro 2023 | |
Nome oficial | Formula 1 Heineken Silver Las Vegas Grand Prix 2023 | |
Localización | Las Vegas, Nevada | |
Percorrido | Percorrido permanente de carreira 6,201 km | |
Distancia | 50 voltas, 305,880 km | |
Clima | Asollado, 17ºC e 11ºC no asfalto, humidade relativa 47%. Vento sopra a 8 km/h. | |
Pole position | ||
Piloto | ![]() |
Ferrari |
Tempo | 1:32.726 | |
Volta rápida | ||
Piloto | ![]() |
McLaren-Mercedes |
Tempo | 1:35.490 na volta 47 (volta rápida) | |
Podio | ||
Primeiro | ![]() |
Red Bull Racing-Honda RBPT |
Segundo | ![]() |
Ferrari |
Terceiro | ![]() |
Red Bull Racing-Honda RBPT |
O Gran Premio de Las Vegas de 2023 (coñecido oficialmente como Fórmula 1 Heineken Silver Las Vegas Grand Prix 2023) foi unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 18 de novembro de 2023 no Circuíto urbano de Las Vegas en Las Vegas (Nevada), nun circuíto urbano temporal que inclúe o Las Vegas Strip.[2][3]. Foi a vixésimo primeira carreira da tempada de Fórmula Un de 2023 e o primeiro Gran Premio de Las Vegas así como a primeira vez que celébrase en dito circuíto.
O evento tivo lugar do 16 ao 18 de novembro. Foi a vixésimo primeira proba do Campionato do Mundo de Fórmula Un de 2023 e a primeira carreira do Campionato do Mundo de Fórmula Un que se disputa baixo o nome oficial de Gran Premio de Las Vegas. Será o Gran Premio número 1100 de Fórmula Un.[4]
O evento marcou a primeira carreira de Fórmula Un en Las Vegas desde o Gran Premio Caesars Palace de 1982. tivo lugar ao redor do Las Vegas Strip nunha nova pista urbana.[5] Foi o terceiro e último Gran Premio dos Estados Unidos que tivo lugar en 2023 despois do Miami e do Gran Premio dos Estados Unidos, e será a primeira vez desde 1982 que houbo tres carreiras celebradas nos Estados Unidos nunha tempada de Fórmula Un.[6] O Gran Premio comezou ás 22:00 hora local (UTC−8) o sábado 18 de novembro de 2023, o que significa que foi a primeira carreira do Gran Premio do Campionato do Mundo de Fórmula 1 que comezou un sábado desde o Gran Premio de Suráfrica de 1985.[7]
A última vez que Las Vegas se incluíu no calendario da Fórmula Un foi en 1982, co Gran Premio Caesars Palace.
Os 6,201 km[8] do circuíto urbano van en sentido contrario ás agullas do reloxo e conta con 17 curvas e unha recta de 1,9 km.[9][10] Comeza nun antigo aparcadoiro comprado pola Fórmula Un por 240 millóns de dólares e no que se desenvolveu a zona de boxes e paddock e tamén contén a parte permanente do circuíto.[11] A primeira curva é unha horquilla, e despois diso o trazado xira lixeiramente á esquerda e despois a unha rápida curva á dereita, pasando do circuíto permanente ás rúas da cidade. Os coches van 800 m por Koval Lane antes de entrar nun lento xiro de 90 graos á dereita e, a continuación, entrar nun longo e amplo xiro á esquerda que rodea ao novo Sphere arena, antes de pasar por unha sección revirada esquerda-dereita (un cambio respecto ao deseño inicial)[12] e despois un xiro á esquerda lixeiramente máis rápido que pasa pola avenida Sands. Despois, a pista pasa por dúas curvas moi rápidas na Avenida Sands antes de entrar nun xiro lento á esquerda no Las Vegas Boulevard, tamén coñecido como Las Vegas Strip.[13] A sección plana de 1,9 km con dúas rectas e unha lixeira curva á esquerda pasa por parte dalgúns dos hoteis e casinos máis famosos de Las Vegas. A continuación, o circuíto atravesa unha serie de tres curvas lentas cara a Avenida Harmon, baixa por unha recta de 800 m antes de pasar por unha rápida curva á esquerda para completar a volta e volver á parte permanente do circuíto despois dos boxes.[14]
O provedor de pneumáticos Pirelli trouxo os compostos de pneumáticos C3, C4 e C5 (designados como duro, medio e brando, respectivamente), que son os tres compostos máis brandos da súa gama de pneumáticos secos, para os equipos.
Pneus para pista seca | Pneus para chuvia | |||
---|---|---|---|---|
![]() (Tipo C3) |
![]() (Tipo C4) |
![]() (Tipo C5) |
![]() Intermedios |
![]() Chuvia |
Celebráronse tres sesións de adestramentos libres no evento. A primeira sesión de adestramentos libres celebrouse o 16 de novembro de 2023 ás 20:30 hora local (UTC−8).[1] Foi marcada con bandeira vermella despois de que Carlos Sainz quedara parado na pista tras golpear unha tapa metálica solta na superficie do circuíto, a sesión suspendeuse.[15] Charles Leclerc encabezou a sesión reducida por diante de Nico Hülkenberg e Kevin Magnussen. O chan do coche de Sainz quedou moi danado ao igual que o de Esteban Ocon.[16] Os danos causados no almacén de enerxía de Sainz provocaron ter que montar un terceiro almacén de enerxía, fóra dos dous permitidos. Isto levou a Sainz a recibir unha penalización de 10 postos na grella para a carreira.[17]
A segunda sesión de adestramentos libres celebrouse o 17 de novembro de 2023 e estaba programada para as 00:00 hora local (UTC−8). A sesión ampliouse de 60 a 90 minutos e atrasouse dúas horas e media mentres se corrixían os problemas dos primeiros adestramentos libres.[18] A sesión encabezouna Leclerc por diante de Sainz e Fernando Alonso.[19]
A terceira sesión de adestramentos libres celebrouse o 17 de novembro de 2023 ás 20:30 hora local (UTC−8). A sesión víu a bandeira vermella a tres minutos para o final, cando Alexander Albon parou na pista despois de golpear o muro, non se reiniciou e quedou encabezada por George Russell, por diante de Oscar Piastri e Logan Sargeant.[20]
Tras a reducida primeira sesión de adestramentos, os afeccionados foron expulsados do recinto á 1:30 hora local (UTC−8).[21] Debido a iso, a segunda sesión de adestramentos celebrouse sen moitos afeccionados nas tribunas.[22] O CEO de Fórmula 1, Stefano Domenicali, emitiu unha declaración pública sobre o incidente.[23] Os organizadores do evento entregaron vales desconto por valor de 200 dólares para a tenda en circuíto,[24] o que provocou que o bufete de avogados JK Legal & Consulting, con sede en Nevada, iniciara accións legais.[25]
O director do equipo Ferrari Fred Vasseur criticou os problemas da tapa do sumidoiro, afirmando que os danos custáronlles "unha fortuna",[26] mentres que Toto Wolff criticou os comentarios negativos sobre o Gran Premio. Seguiría eloxiando os esforzos de Liberty Media para organizar o evento.[27]
A cualificación celebrouse o 18 de novembro de 2023, as 00:00 hora local (UTC−8).[1]
Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Tempos cualificación | Grlla | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Q1 | Q2 | Q3 | |||||
1 | 16 | ![]() |
Ferrari | 1:33.617 | 1:32.775 | 1:32.726 | 1 |
2 | 55 | ![]() |
Ferrari | 1:33.851 | 1:33.338 | 1:32.770 | 12[28] |
3 | 1 | ![]() |
Red Bull Racing-Honda RBPT | 1:34.190 | 1:33.572 | 1:33.104 | 2 |
4 | 63 | ![]() |
Mercedes | 1:34.137 | 1:33.351 | 1:33.112 | 3 |
5 | 10 | ![]() |
Alpine-Renault | 1:34.272 | 1:34.494 | 1:33.239 | 4 |
6 | 23 | ![]() |
Williams-Mercedes | 1:34.634 | 1:33.588 | 1:33.323 | 5 |
7 | 2 | ![]() |
Williams-Mercedes | 1:34.525 | 1:33.733 | 1.33.513 | 6 |
8 | 77 | ![]() |
Alfa Romeo-Ferrari | 1:34.305 | 1:33.809 | 1:33.525 | 7 |
9 | 20 | ![]() |
Haas-Ferrari | 1:34.337 | 1:33.664 | 1:33.537 | 8 |
10 | 14 | ![]() |
Aston Martin Aramco-Mercedes | 1:34.422 | 1:33.617 | 1:33.555 | 9 |
11 | 44 | ![]() |
Mercedes | 1:34.307 | 1:33.837 | 10 | |
12 | 11 | ![]() |
Red Bull Racing-Honda RBPT | 1:34.574 | 1:33.855 | 11 | |
13 | 27 | ![]() |
Haas-Ferrari | 1:34.265 | 1:33.979 | 13 | |
14 | 18 | ![]() |
Aston Martin Aramco-Mercedes | 1:34.504 | 1:34.199 | 19[29] | |
15 | 3 | ![]() |
AlphaTauri-Honda RBPT | 1:34.683 | 1:34.308 | 14 | |
16 | 4 | ![]() |
McLaren-Mercedes | 1:34.703 | 15 | ||
17 | 31 | ![]() |
Alpine-Renault | 1:34.834 | 16 | ||
18 | 24 | ![]() |
Alfa Romeo-Ferrari | 1:34.849 | 17 | ||
19 | 81 | ![]() |
McLaren-Mercedes | 1:34.850 | 18 | ||
20 | 22 | ![]() |
AlphaTauri-Honda RBPT | 1:36.447 | 20 | ||
107% tempo: 1:40.170 | |||||||
Fonte:[30][31] |
A carreira celebrouse o 18 de novembro de 2023, as 22:00 hora local (UTC−8), sobre 50 voltass.[1][32]
|
|
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Las Vegas de 2023 |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Carreira anterior: Gran Premio do Brasil de 2023 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2023 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Abu Zabi de 2023 |
Carreira anterior: Non houbo |
Gran Premio de Las Vegas | Carreira seguinte: Gran Premio de las Vegas de 2024 |