Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 2 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1997. | ||
Trazado do circuíto de Interlagos. | ||
Data | 30 de marzo 1997 | |
Nome oficial | XXVI Grande Prêmio do Brasil | |
Localización | Autódromo José Carlos Pace São Paulo, Brasil | |
Percorrido | Percorrido permanente de carreira 4´292 km | |
Distancia | 72 voltas, 309´024 km | |
Clima | Nubrado e seco con temperaturas que acadaron os 23 °C[1] | |
Pole position | ||
Piloto | Jacques Villeneuve | Williams-Renault |
Tempo | 1:16.004 | |
Volta rápida | ||
Piloto | Jacques Villeneuve | Williams-Renault |
Tempo | 1:18.397 na volta 28 | |
Podio | ||
Primeiro | Jacques Villeneuve | Williams-Renault |
Segundo | Gerhard Berger | Benetton-Renault |
Terceiro | Olivier Panis | Prost-Mugen-Honda |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
O Gran Premio do Brasil de 1997 foi unha carreira de Fórmula 1 disputada o 30 de marzo de 1997 no Autódromo José Carlos Pace, São Paulo, Brasil. Foi a segunda carreira da tempada 1997 da Fórmula Un. A carreira de 72 voltas gañouna o piloto Jacques Villeneuve de Williams despois de que comezase desde a pole position. Gerhard Berger terminou segundo para o equipo Benetton e o piloto de Prost Olivier Panis foi terceiro.
O equipo Lola chegou a Brasil aínda sen recibir diñeiro do principal patrocinador MasterCard. Con varios millóns de dólares en débedas, o equipo volveu á base sen completar unha volta ao circuíto. Algúns días despois, o equipo retirouse oficialmente do campionato.[2]
Jacques Villeneuve logrou a súa terceira pole position consecutiva, e a quinta da súa carreira, despois de facer un tempo de 1:16.004, máis de medio segundo máis rápido que Michael Schumacher, segundo. Gerhard Berger e Mika Häkkinen completaron a segunda liña.
A carreira viu unha bandeira vermella despois de varios incidentes na primeira saída. Como en Australia, Jacques Villeneuve saíuse da pista na primeira curva. Logo, un incidente implicou varios pilotos como Damon Hill, Eddie Irvine, Giancarlo Fisichella e Jan Magnussen. Irvine levou a culpa do incidente. Adicionalmente, o coche de Rubens Barrichello fallou na liña de saída, e o bloqueo da pista foi o que finalmente causou a bandeira vermella. Na seguinte saída Barrichello reiniciou no Stewart de reposto, facendo que Magnussen perdérase a carreira.
A carreira reiniciouse coas 72 voltas que aínda faltaban. Villeneuve fixo un comezo limpo, igual que o resto dos participantes. Ao final da primeira volta, Villeneuve pasou a Michael Schumacher para retomar o liderado. Máis tarde, antes do primeiro pit stop, Berger tamén pasaría a Schumacher na recta de boxes antes da primeira curva. Irvine entrou aos pits a mediados de carreira, sufrindo unha enorme dor debido a que os seus cintos tensabannse demais na cabina.
Damon Hill novamente se viu afectado por problemas de fiabilidade, o seu motor fallou a catro voltas do final. Corría en cuarto lugar nese momento, pero caeu na pista antes de retirarse aos boxes cun incendio no motor causado por unha fuga de aceite.[3] O gañador da carreira anterior, David Coulthard, estivo fóra de ritmo e terminou en décimo lugar.
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Tempo | Diferenza | |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 3 | Jacques Villeneuve | Williams-Renault | 1:16.004 | ||
2 | 5 | Michael Schumacher | Ferrari | 1:16.594 | +0.590 | |
3 | 8 | Gerhard Berger | Benetton-Renault | 1:16.644 | +0.640 | |
4 | 9 | Mika Häkkinen | McLaren-Mercedes | 1:16.692 | +0.688 | |
5 | 14 | Olivier Panis | Prost-Mugen-Honda | 1:16.756 | +0.752 | |
6 | 7 | Jean Alesi | Benetton-Renault | 1:16.757 | +0.753 | |
7 | 12 | Giancarlo Fisichella | Jordan-Peugeot | 1:16.912 | +0.908 | |
8 | 4 | Heinz-Harald Frentzen | Williams-Renault | 1:16.971 | +0.967 | |
9 | 1 | Damon Hill | Arrows-Yamaha | 1:17.090 | +1.086 | |
10 | 11 | Ralf Schumacher | Jordan-Peugeot | 1:17.175 | +1.171 | |
11 | 22 | Rubens Barrichello | Stewart-Ford | 1:17.259 | +1.255 | |
12 | 10 | David Coulthard | McLaren-Mercedes | 1:17.262 | +1.258 | |
13 | 16 | Johnny Herbert | Sauber-Petronas | 1:17.409 | +1.405 | |
14 | 6 | Eddie Irvine | Ferrari | 1:17.527 | +1.523 | |
15 | 15 | Shinji Nakano | Prost-Mugen-Honda | 1:17.999 | +1.995 | |
16 | 2 | Pedro Diniz | Arrows-Yamaha | 1:18.095 | +2.091 | |
17 | 21 | Jarno Trulli | Minardi-Hart | 1:18.336 | +2.332 | |
18 | 20 | Ukyo Katayama | Minardi-Hart | 1:18.557 | +2.553 | |
19 | 17 | Nicola Larini | Sauber-Petronas | 1:18.644 | +2.640 | |
20 | 23 | Jan Magnussen | Stewart-Ford | 1:18.773 | +2.769 | |
21 | 18 | Jos Verstappen | Tyrrell-Ford | 1:18.885 | +2.881 | |
22 | 19 | Mika Salo | Tyrrell-Ford | 1:19.274 | +3.270 | |
Fonte:[4]
|
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 3 | Jacques Villeneuve | Williams-Renault | 72 | 1:36:06.990 | 1 | 10 |
2 | 8 | Gerhard Berger | Benetton-Renault | 72 | +4.190 | 3 | 6 |
3 | 14 | Olivier Panis | Prost-Mugen-Honda | 72 | +15.870 | 5 | 4 |
4 | 9 | Mika Häkkinen | McLaren-Mercedes | 72 | +33.033 | 4 | 3 |
5 | 5 | Michael Schumacher | Ferrari | 72 | +33.731 | 2 | 2 |
6 | 7 | Jean Alesi | Benetton-Renault | 72 | +34.020 | 6 | 1 |
7 | 16 | Johnny Herbert | Sauber-Petronas | 72 | +50.912 | 13 | |
8 | 12 | Giancarlo Fisichella | Jordan-Peugeot | 72 | +1:00.639 | 7 | |
9 | 4 | Heinz-Harald Frentzen | Williams-Renault | 72 | +1:15.402 | 8 | |
10 | 10 | David Coulthard | McLaren-Mercedes | 71 | +1 volta | 12 | |
11 | 17 | Nicola Larini | Sauber-Petronas | 71 | +1 volta | 19 | |
12 | 21 | Jarno Trulli | Minardi-Hart | 71 | +1 volta | 17 | |
13 | 19 | Mika Salo | Tyrrell-Ford | 71 | +1 volta | 22 | |
14 | 15 | Shinji Nakano | Prost-Mugen-Honda | 71 | +1 volta | 15 | |
15 | 18 | Jos Verstappen | Tyrrell-Ford | 70 | +2 voltas | 21 | |
16 | 6 | Eddie Irvine | Ferrari | 70 | +2 voltas | 14 | |
17 | 1 | Damon Hill | Arrows-Yamaha | 68 | Motor | 9 | |
18 | 20 | Ukyo Katayama | Minardi-Hart | 67 | +5 voltas | 18 | |
Ret | 11 | Ralf Schumacher | Jordan-Peugeot | 52 | Eléctrico | 10 | |
Ret | 22 | Rubens Barrichello | Stewart-Ford | 16 | Suspensión | 11 | |
Ret | 2 | Pedro Diniz | Arrows-Yamaha | 15 | Suspensión | 16 | |
NTS | 23 | Jan Magnussen | Stewart-Ford | 0 | Colisión | 20 | |
Fonte:[5]
|
Notas da carreira
Fitos: Eddie Irvine 50ª participación nun Gran Premio; Damon Hill 75ª participación nun Gran Premio; Rothmans Williams - Renault 100ª participación nun Gran Premio e 25ª vitoria.
|
|
Carreira anterior: Gran Premio de Australia de 1997 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1997 |
Carreira seguinte: Gran Premio da Arxentina de 1997 |
Carreira anterior: Gran Premio do Brasil de 1996 |
Gran Premio do Brasil | Carreira seguinte: Gran Premio do Brasil de 1998 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio do Brasil de 1997 |
Detalles da carreira: "1997 Brazilian GP". Chicane F1. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2018. Consultado o 2007-08-03.