Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2023.)
Un clásico Gran Turismo, de 1962 Ferrari 250 GTO
1953 Bentley Continental gran turismo

Un gran turismo (GT) é un automóbil de luxo de alto rendemento, deseñado para conducir grandes distancias. O formato máis común é un cupé de dúas portas ben con dous asentos ou cunha disposición 2 + 2.

O nome deriva do termo Italiano gran turismo, unha homenaxe á tradición do grand tour, que se utiliza para representar os automóbiles considerados como grandes turismos, capaces de facer longas viaxes a alta velocidade con comodidade e estilo.

Características

[editar | editar a fonte]

Os Gran turismo se diferencian dos deportivos de dous asentos en que xeralmente son máis grandes e máis pesados, facendo fincapé no máis puro confort máis que no rendemento. Historicamente, a maioría dos GTs teñen motor dianteiro con tracción traseira, o que deixa máis espazo para a cabina que os deseñados con motor central ou traseiro. Suspensións máis suaves, maleteiro máis grande e características máis luxosas súmanse á súa atractiva pilotaxe. Algúns grandes turismos de moi alto rendemento, como o Ferrari 599 GTB Fiorano e o Mercedes-Benz SLR McLaren van na dirección oposta, e rivalizan cos coches deportivos en velocidade, aceleración, e capacidade de tomar curvas, gañándolles a moitos supercars.

Abreviatura GT

[editar | editar a fonte]
Alfa Romeo 6C 1750 Gran Turismo Compressore (1932)
Lancia Aurelia B20 GT, un GT da década de 1950

A abreviatura GT, tan popular en todo o sector da automoción, ven da tradición italiana de referirse aos seus coches de alta gama como gran turismo. Fabricantes como Alfa Romeo,[1] Ferrari e Lancia abriron o camiño a partir do final da década de 1920.

Entre as moitas variacións de GT están:

Competicións de gran turismo

[editar | editar a fonte]
Catro coches GT de carreiras

Hoxe en día o termo gran turismo é sinónimo de automóbiles deportivos en versión de carreiras (incluso as que non se axustan á definición dada máis arriba) que participan en automobilismo deportivo, incluíndo as carreiras de resistencia que son a maior parte delas, mentres que as restantes son carreiras curtas, como é o caso do Campionato FIA GT, a maioría dos principais campionatos nacionais de gran turismo, e a monomarca Supercopa Porsche. Tamén é habitual que os gran turismo compitan simultaneamente con sport prototipos.

En certas clasificacións dos deportes de motor profesionais, como as categorías de gran turismo promovidas pola FIA, o coche GT defínese como "un automóbil aberto ou pechado que non ten máis dunha porta a cada lado e un mínimo de dous asentos situados un en cada lado da liña central lonxitudinal do vehículo; estes dous asentos deben ser atravesado polo mesmo plano transversal Este coche debe ser capaz de poder ser utilizado legalmente en estrada aberta, e adaptado para carreiras en circuítos ou estradas pechadas.

As 24 Horas de Le Mans é a carreira de gran turismo máis importante do mundo. Outras carreiras de relevancia son as 24 Horas de Daytona, as 12 Horas de Sebring e a Petit Le Mans. Todas elas salvo as 24 Horas de Daytona forman parte da Copa Intercontinental Le Mans, onde ademais de gran turismos participan sport prototipos.

Desde 2010, o Campionato Mundial de GT1 é un dos catro campionatos mundiais recoñecidos pola Federación Internacional do Automóbil. O certame é organizado pola Stéphane Ratel Organisation, que administra tamén campionatos europeos e nacionais de gran turismo, como o Campionato Europeo de GT3. O principal rival a nivel europeo dos campionatos da SRO é o Open Internacional de GT. En América do Norte, conviviron varias categorías de gran turismo rivais ao longo da historia. Actualmente córrese a American Le Mans Series e a Rolex Sports Car Series.

Os coches de GT divídense, desde os máis potentes a menos potentes, en GT1 (anteriormente GTS e GT) e GT2 (anteriormente GT e GT N-) na maioría dos campionatos. Os coches GT3 e GT4 tamén teñen os seus propios campionatos. Exemplos de grandes turismos de carreiras son:

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. "Alfa Romeo 6C-1750 Sport/GT (17/85 HP)". motorbase.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2014. Consultado o 2011-01-07. 
  2. "Maserati 3500 Gti". maserati.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2012. Consultado o 2011-01-07. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]