Guerra de Iraq | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Guerra contra o terrorismo | |||||||
![]() Comezando pola parte superior esquerda: patrulla conxunta en Samarra; derrubamento da estatua de Saddam Hussein na praza Firdos, soldado do exército iraquí prepara o seu rifle durante un asalto no sur de Bagdad. | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() (Máis os países restantes da coalición)[4] |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||||
Líderes | |||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||||
Forzas en combate | |||||||
Coalición ~300.000 invasión 176.000 (2004-2009) Contratistas* ~182.000 (118.000 Iraquís, 43.000 Outros, 21.000 estadounidenses)[5][6] Peshmerga 50.000 invasión Novo exército iraquí 125.000 Policía iraquí 227.000[7] Milicias 15.000-30.000 voluntarios civís[8] |
Iraquís (baixo Saddam Hussein): 375.000 forzas regulares. Goberno post-Baaz, conflito multilateral:
| ||||||
Baixas | |||||||
Coalición![]() ![]() Outros: 139 TOTAL: 4.804 Feridos militares: ![]() ![]() Mortos contratistas: ![]() ![]() |
Mortos militares: 7.600 - 10.800 (invasión de 2003)[19][20] Mortos milicianos: 21.221- 26.405[21] Total de mortos: 28.736-37.120 Mortos civís: 100.000[22] |
A Guerra de Iraq, tamén coñecida como Segunda Guerra do Golfo ou Operación Liberdade Iraquí nos Estados Unidos,[23] Operación Telic no Reino Unido[24] e, noutros ámbitos, ocupación de Iraq,[25] foi un conflito que comezou o xoves 20 de marzo de 2003 e rematou o domingo 18 de decembro de 2011.[2] Tras finalizala guerra, deuse paso a unha operación de adestramento das tropas iraquís para combater a insurxencia e o terrorismo. Esta operación deuse a coñecer como Operación Novo Amencer,[26] e representa a continuación da guerra de Iraq, que se inicia ó organizar os Estados Unidos unha coalición multinacional para a invasión de Iraq, estando composta por unidades das forzas armadas dos propios Estados Unidos, o Reino Unido e continxentes menores de España, Australia, Dinamarca, Polonia e outros Estados.[27]
A principal xustificación para esta operación que ofreceron o Presidente dos Estados Unidos, George W. Bush e os seus aliados na coalición, foi a falsa afirmación de que Iraq posuía e estaba desenvolvendo armas de destrución masiva (ADM), violando un convenio de 1991.[28][29] Funcionarios dos Estados Unidos sostiveron, dun modo interesado e tendencioso, que Iraq representaba unha inminente, urxente e inmediata ameaza ós Estados Unidos, ó seu pobo e ós seus aliados, así como ós seus intereses.[30] Criticouse amplamente ós servizos de información,[31] e os inspectores designados ó efecto non atoparon probas de que existiran as pretendidas armas de destrución masiva. Despois da invasión, o Grupo de Investigación en Iraq chegou á conclusión de que Iraq acabara cos seus programas para desenvolver as devanditas armas en 1991 e non había ningunha no momento da invasión, pero que tiñan a intención de retomar a produción sempre e cando se levantaran as sancións.[32] Algúns funcionarios dos Estados Unidos alegaron que Saddam Hussein e Al Qaeda estiveran cooperando,[33] pero non hai probas de que existise unha relación de colaboración.[34][35] Outras razóns para a invasión por parte dos funcionarios incluían as preocupacións sobre o apoio financeiro de Iraq para as familias de terroristas suicidas palestinos,[36] violacións dos dereitos humanos por parte do goberno iraquí,[37] propagación da democracia,[38] as reservas de petróleo de Iraq,[39][40][41] aínda que este último foi negado por outros funcionarios.[42][43][44]
A invasión levou á rápida derrota das forzas iraquís, o derrocamento do Presidente Saddam Hussein, a súa captura en decembro de 2003 e a súa execución en decembro de 2006. A coalición dirixida polos Estados Unidos no Iraq ocupado tratou de establecer un novo goberno democrático. Porén, pouco despois da invasión inicial, a violencia contra as forzas da coalición e entre os diversos grupos étnicos deu lugar a unha guerra asimétrica coa insurxencia iraquí, a guerra civil entre sunnís e xiítas iraquís, e as operacións de Al-Qaeda en Iraq.[45][46] As estimacións do número de persoas mortas varían entre máis de 150.000 a máis de 1 millón de persoas, segundo a fonte. O custo financeiro da guerra estimouse en máis de £4.500 millóns ($9.000 millóns) para o Reino Unido,[47] e máis de $845.000 millóns ós Estados Unidos,[48] cun custo total para a economía deste último estimada en $ 3 a 5 billóns. Algunhas das nacións que integraron a coalición comezaron a retirar as súas forzas como consecuencia dunha opinión pública desfavorable e ó progresivo aumento de efectivos iraquís para asumir a responsabilidade da seguridade no país.[49][50] Porén, Iraq, non chegou a desenvolver armas nucleares, grazas á Operación Ópera de Israel, acontecida uns anos antes.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guerra de Iraq ![]() |
![]() |
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |