Infotaula de personaGuido Fanconi

Fanconi en 1959.
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1892
Poschiavo, Suíza Suíza
Morte10 de outubro de 1979 (87 anos)
Poschiavo, Suíza Suíza
Catedrático de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuíza Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónPediatra
EmpregadorUniversidade de Zürich Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoHans Fuchs (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Guido Fanconi, nado o 1 de xaneiro de 1892 en Poschiavo e finado o 10 de outubro de 1979, foi un pediatra suízo considera como un dos fundadores da pediatría moderna.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fixo os seus estudos de educación secundaria en Zürich. En 1911 comezou a súa formación en medicina en Lausana e en 1920 entrou no Kinderspital (Hospital para nenos) da Universidade de Zürich, onde estivo traballando durante 45 anos, agás por un ano. Fanconi recoñeceu a importancia da bioquímica na medicina clínica. En 1929 sucedeu a Emil Feer como profesor de pediatría e director do hospital. Baixo a súa dirección converteuse nun dos hospitais para nenos de máis renome do mundo.

Existen varias doenzas que levan o nome do doutor Fanconi. En 1927 relacionou a panmielopatía hereditaria cunha baixa estatura e a hiperpigmentación, máis coñecida como anemia de Fanconi. En 1934 os primeiros casos de fibrose quística no páncreas foron descritos nunha tese baixo a súa dirección.

En 1941 houbo unha gran epidemia de poliomielite en Suíza. Fanconi analizou a epidemioloxía e descubriu que o virus non se transmitía polos fluídos, como se cría anteriormente, senón que tiña relación coa vía gastrointestinal como febre tifoide. A súa comprensión da fisiopatoloxía levou a estebelecer relacións que culminaron na súa predición de que a síndrome de Down debíase a unha anormalidade dos cromosomas, vinte anos antes de que se descubrise a trisomía 21.

En 1945 fundou un xornal de pediatría chamado Helvetica Paediatrica Acta, que acadou sona internacional. En 1965 retirouse da dirección de pediatría, mais continuou exercendo até a súa morte.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]