Guindeira
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Rosales
Familia: Rosaceae
Subfamilia: Spiraeoideae
Tribo: Amygdaleae
Xénero: Prunus
Subxénero: 'Cerasus'
Sección: Cerasus
Especie: P. cerasus
Nome binomial
Prunus cerasus
L.

A guindeira[1] (Prunus cerasus), é unha especie de Prunus do subxénero Cerasus, nativa de Europa e do sueste de Asia. Está estreitamente emparentada coa cerdeira (Prunus avium), porén a súa froita é máis aceda e utilizada, especialmente, en preparacións culinarias (xaropes, licores etc.); por iso ás veces recibe o nome de cerdeira aceda.

A súa froita chámase guinda.

En Galicia pódese atopar nalgunhas hortas e pomares particulares dende a antigüidade xunto a outras cerdeiras e demais froiteiras.

Descrición

A árbore, máis pequena que a cerdeira brava, medra entre 4-10 metros de altura, con moito ramallo en cada póla. As follas son ovaladas ou elípticas de 3,5 a 7,5 cm de lonxitude. Os froitos encarnados case negros, nacen nos talos máis curtos.

Historia

As cerdeiras foron cultivadas e seleccionados a partir de exemplares bravos de Prunus cerasus e a dubidosamente dispar especie P. acida, natural do Mar Caspio e o Mar Negro. Coñecidas polos gregos no 300 a. C., tamén eran populares entre os persianos e romanos, que introduciron as guindeiras na Gran Bretaña moito antes do século I. O seu cultivo popularizouse en tempos de Henrique VIII, no século XVI e contra o 1640 xa se rexistraran máis de dúas ducias de cultivares. Os colonos ingleses que chegaron a Massachusetts plantaron a primeira variedade de guindeira en América do Norte, a Kentish Red.

Antes da segunda guerra mundial existían máis de cincuenta cultivares en Inglaterra; hoxe, porén, cultívase pouco comercialmente e malia continuaren existindo as variedades Kentish Red, Amarelles, Griottes e Flemish, só é vendida a xenérica Morello na maioría dos viveiros. Esta variedade é de floración serodia, polo que ten que soportar menos xeadas, o que significa unha colleita máis produtiva. Os froitos maduran a finais do verán, finais de agosto en Inglaterra. É auto fértil e sería unha boa polinizadora para outras variedades se non florecese tan tarde.

En Galicia é tradicional o licor de guindas.

Cultivo

Estas cerdeiras cómpren de condicións semellantes ás requiridas para o cultivo de pereiras, é dicir solos húmidos ben drenados, esixindo máis cantidade de nitróxeno e de auga cá cerdeira doce .

Propiedades

Taxonomía

Prunus cerasus foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 1: 474–475, no ano 1753.[3]

Sinonimia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2018.)

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para guindeira.
  2. 2,0 2,1 "Prunus cerasus". Plantas útiles: Linneo (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2009. Consultado o 28 de novembro de 2009. 
  3. "Tropicos". www.tropicos.org. Consultado o 23 de setembro de 2021. 
  4. "Cerasus vulgaris Mill. — The Plant List". www.theplantlist.org. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2021. Consultado o 23 de setembro de 2021. 
  5. "Prunus cerasus L. COL". www.catalogueoflife.org. Consultado o 23 de setembro de 2021. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas