Harry Potter and the Prisoner of Azkaban
Desenvolvedor(es)
  • Griptonite Games (GBA)
  • KnowWonder (PC)
  • EA UK (GC, PS2 e Xbox)
Distribuidora(s)EA Games
Compositor(es)Jeremy Soule
MotorUnreal Engine 2 (PC)
RenderWare (consola)
LanzamentoGame Boy Advance e Microsoft Windows: América do Norte: 25 de maio de 2004
Unión Europea 29 de maio de 2004
GameCube, PlayStation 2 e Xbox: Unión Europea 29 de maio de 2004
América do Norte: 2 de xuño de 2004
XéneroAcción
Modos de xogoUn xogador
Clasificación PEGI
Plataforma(s)
SerieHarry Potter
Na rede
http://harrypotter.ea.com/cofs/index.html
IMDB: tt0414084 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Harry Potter and the Prisoner of Azkaban é o terceiro videoxogo da serie de Harry Potter, que foi lanzado á venda no 2004, simultaneamente coa estrea do filme co esmo nome, Harry Potter e o preso de Azkaban. Ámbalas dous cousas, o xogo e o filme, están baseados na terceira novela da saga Harry Potter, de J. K. Rowling. O xogo foi creado para PC (Windows), Game Boy Advance, Xbox, GameCube e PlayStation 2.

Argumento

Para máis información, vexa o artigo: Harry Potter e o preso de Azkaban.

Harry, Ron e Hermione entéranse de que un perigoso home, Sirius Black, escapou do cárcere para magos, Azkaban, e que está, supostamente, buscando a Harry para matalo. Os tres amigos dominan os feitizos necesarios para facer fronte a Black. Porén, Black non é tan malo como aparenta: foi culpado dos asasinatos de trece persoas facía trece anos, pero o verdadeiro asasino, Peter Pettigrew, está escondido co disfrace do rato mascota de Ron, Scabbers. Xunto con Remus Lupin e Black, Harry, Ron e Hermione desenmascaran a Pettigrew. Usando un xiratempos, Harry e Hermione volven atrás no pasado e rescatan o hipogrifo de Hagrid, Buckbeak, e utilízano tamén para rescatar a Black.

Personaxes cos que se pode xogar

  • Versión para PC:

(Tódolos personaxes comezan o xogo sabendo os feitizos Alohomora, Depulso, Lumos, Espongificación e Rictusempra).

  • Versión para consola:

(Tódolos personaxes comezan o xogo sabendo o feitizo Flipendo).

Véxase tamén

Ligazóns externas