Horizontes de grandeza | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Big Country |
Director | William Wyler |
Produtor | Gregory Peck William Wyler |
Guión | James R. Webb Sy Bartlett Robert Wilder |
Baseado en | Ambush at Blanco Canyon novela de 1958 1957 The Saturday Evening Post de Donald Hamilton |
Intérpretes | Gregory Peck Jean Simmons Charlton Heston Carroll Baker Burl Ives Charles Bickford Chuck Connors |
Música | Jerome Moross |
Fotografía | Franz F. Planer, ASC |
Montaxe | Robert Belcher John Faure Robert Swink (sup) |
Distribuidora | United Artists |
Estrea | Atlantic City: 13 de agosto de 1958[1] |
Duración | 166 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Wéstern, épico |
Recadación | 3,5 millóns de dólares(USA e o Canadá)[2] |
Na rede | |
Horizontes de grandeza (en inglés: The Big Country) é un filme estadounidense de 1958 dirixido por William Wyler, protagonizado por Gregory Peck, Jean Simmons, Carroll Baker, Charlton Heston e Burl Ives. Os actores secundarios son Charles Bickford e Chuck Connors. Rodado en Technicolor e Technirama, o filme baséase na novela Ambush at Blanco Canyon de Donald Hamilton[3] e foi coproducido por Wyler e Peck. A secuencia de comezo dos créditos foi creada por Saul Bass.
Un refinado home do leste, o capitán de barco retirado James McKay, chega ao oeste profundo para coñecer a familia das súa prometida, Patricia Terrill. Contra a súa vontade, McKay verase inmerso nas disputas entre o seu futuro sogro, Henry Terrill, e o patriarca dunha familia rival, Rufus Hannassey, polo control dunhas terras polas que cruza un río que achega a auga indispensable para os seus respectivos ranchos, terras que son propiedade da profesora e amiga de Patricia, Julie Maragon.