Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.)
A grande diversidade de instrumentos dunha orquestra pode ser clasificada a través do sistema Hornbostel-Sachs

Hornbostel-Sachs (ou Sachs-Hornbostel) é un sistema de clasificación de instrumentos musicais creado por Erich Moritz von Hornbostel e Curt Sachs, e publicado por primeira vez no Zeitschrift für Musik en 1914. En 1961 publicouse unha tradución ao inglés no Galpin Society Journal. Constitúe o sistema de clasificación máis amplamente usado polos etnomusicólogos e organólogos.

Baséase nun sistema desenvolvido a finais do século XIX por Victor Mahillon, restaurador da colección do Conservatorio de Bruxelas. O sistema Mahillon foi dos primeiros en clasificar de acordo co material ou parte do instrumento que producía o son, pero estaba limitado na súa maior parte aos instrumentos occidentais usados na música clásica. O sistema Hornbostel-Sachs é unha expansión daquel, no que é posible clasificar calquera instrumento musical de calquera cultura.

Estrutura do sistema

[editar | editar a fonte]

Formalmente, a clasificación de Hornbostel-Sachs baséase na clasificación decimal de Dewey. Ten catro niveis superiores de clasificación, con varios niveis debaixo destes, agregando máis de 300 categorías en total. Os niveis superiores do esquema, coa súa explicación, son os que se detallan:

Metalófono, un idiófono
Timbais, membranófonos
A arpa é un cordófono
Frautas doces, exemplos de aerófonos

Posteriormente agregouse un quinto grupo de primeiro nivel, os electrófonos, que producen son mediante osciladores electrónicos, como os sintetizadores e o theremin.

Un sintetizador, electrófono

Aínda que non existan no sistema Hornbostel-Sachs, algúns instrumentos poden posuír outras fontes xeradoras de son, como a auga. Algúns organoloxistas consideran a inclusión da categoría hidrófonos para acomodar estes instrumentos.

O sistema na práctica

[editar | editar a fonte]

Máis alá destes grupos principais, existen moitos niveis de clasificación. Así por exemplo o xilófono, está na clasificación numerado como 111.212 (agréganse puntos cada tres díxitos para facilitar a lectura).

Un número de clasificación grande non indica necesariamente que o instrumento sexa complicado. O bugle (ou clarín) por exemplo ten o número 423.121.22, e consiste simplemente nun tubo de forma similar a unha trompeta, pero sen chaves nin buratos para os dedos. Os números na clasificación indican o seguinte:

423.121.22 non identifica univocamente o clarín, senón que identifica este instrumento como pertencente a un tipo que ten moito en común con outros da súa mesma clase. Outro instrumento clasificado como 423.121.22 e o lur de bronce, un instrumento que data da Idade de Bronce.

Sufixos e instrumentos compostos

[editar | editar a fonte]

Logo dos números arriba descritos, poden ser agregados sufixos. Un 8 indica que o instrumento ten un teclado agregado, mentres que un 9 indica que o instrumento se manexa mecanicamente.

Ademais existen sufixos únicos para cada tipo de grupo de primeiro nivel, indicando detalles considerados non cruciais na natureza básica dos instrumentos. Na clase membranófonos, por exemplo, os sufixos poden indicar como está fixada a pel dun tambor. Nos cordófonos, os sufixos poden indicar se as cordas son pulsadas cos dedos ou cun plectro etc. Hai formas de clasificar instrumentos con este sistema aínda se estes teñen elementos de máis dun grupo. Así algúns instrumentos poden ter unha longa clasificación con dous puntos ou guións usados xunto cos números. Hornbostel e Sachs citan por exemplo o caso dunha colección de gaitas onde algúns dos seus tubos son de lingüeta simple (como un clarinete) e outros de dobre lingüeta (como o óboe). Existen varios instrumentos compostos como estes; outro exemplo moi coñecido e a pandeireta, que e un instrumento mixto, idiófono e membranófono.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]