IGL@ ou locus lambda de inmunoglobulina (tamén chamado IGL[1] e IGLC6[2]) é unha rexión do cromosoma 22 humano que contén os xenes para a cadea lixeira lambda dos anticorpos (ou inmunoglobulinas).[3]

Función

As inmunoglobulinas recoñecen antíxenos alleos e inician respostas inmunes como a fagocitose e o sistema de complemento. Cada molécula de inmnoglobulina consta de dúas cadeas pesadas idénticas e dúas cadeas lixeiras idénticas. Hai dúas clases de cadeas lixeiras, kappa e lambda. Esta rexión representa a organización da liña xerminal do locus da cadea lixeira lambda. O locus inclúe os segmentos V (variable), J (de acoplamento), e C (constante). Durante o desenvolvemento da célula B, un evento de recombinación no ADN únese a un só segmento V cun segmento J; o segmento C únese posteriormente por empalme no ARN. A recombinación de moitos segmentos V diferentes con varios segmentos J proporciona un amplo rango de recoñecemento de antíxenos. Obtense diversidade adicional pola diversidade de acoplamento, que se orixina pola adición aleatoria de nucleótidos pola desoxinucleotidiltransferase terminal, e pola hipermutación somática, que ocorre durante a maduración da célula B no bazo e ganglios linfáticos. Varios segmentos V e tres segmentos C son incapaces de codificar proteínas e son considerados pseudoxenes. O locus tamén inclúe varios xenes que non son de inmunoglobulinas, moitos dos cales son pseudoxenes ou son preditos por análise computacional automatizada ou por homoloxía con outras especies.[3]

Xenes

O locus lambda de inmunoglobulina contén os seguintes xenes:

Notas

  1. HGNC IGL Arquivado 01 de abril de 2018 en Wayback Machine.
  2. GeneCards IGL
  3. 3,0 3,1 "Entrez Gene: IGL@ immunoglobulin lambda locus". 

Véxase tamén

Bibliografía


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.