Ibis | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
xénero | |||||||||||||
|
Os ibis[1] son as aves da subfamilia dos tresquiornitinos (Threskiornithinae). Son aves pelecaniformes[2][3] de pescozo longo e peteiro curvado para abaixo, que habita en zonas húmidas, bosques e chairas.[4]. Aliméntanse en grupo sondando o barro co peteiro para obter a comida, normalmente crustáceos. A maioría fai o seu niño nas árbores, a miúdo rodeado de garzas e cullereiros. Son monógamos e moi territoriais cando están aniñando e alimentándose.[4] Todas as especies viventes son voadoras, pero hai dous xéneros extinguidos non voadores, que son o Apteribis de Hawai, que lembra a un kiwi, e o peculiar Xenicibis de Xamaica.[4] O nome ibis vén do latín ibis[5] e este do grego ἶβις (ibis), e este á súa vez do exipcio hb, hīb.[6]
Os tresquiornitinos mazarico negro ou mouro (Plegadis falcinellus) e ibis pelado (Geronticus eremita) están incluídos na Lista de aves de Galicia.
A subfamilia Threskiornithinae comprende 28 especie distribuídas en 12 xéneros:[2]
Outra especie extinta, clasificada no seu propio xénero, é o ibis xamaicano Xenicibis xympithecus, que se caracteriza polo trazo único de ter ás con forma de maza.
Segundo o folclore, o ibis é o último animal que se refuxia antes dun furacán, e o primeiro en reaparecer despois do paso da tormenta.
O ibis sagrado Threskiornis aethiopicus era venerado na relixión do antigo Exipto, e estaba asociado ao deus Djehuty, denominado en grego Thoth. Estaba relacionado coa escritura, matemáticas, medidas e o tempo e tamén coa lúa e a maxia.[7] Nas obras de arte do Período tardío do Antigo Exipto, Thoth representábase popularmente como un home con cabeza de ibis que está escribindo.[7]
Na cidade de Hermopolis, o ibis criábase especificamente para utilizalo despois nos sacrificios, e no serapeum en Saqqara, os arqueólogos atoparon momias dun millón e medio de ibis e de centos de miles de falcóns.[8]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ibis |