Illa Southampton | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Canadá |
Provincias e territorios do Canadá | Nunavut |
Arquipélago | Illas Árticas do Canadá |
Mar | Océano Ártico |
Coordenadas | 64°30′N 84°30′O / 64.500, -84.500Coordenadas: 64°30′N 84°30′O / 64.500, -84.500 |
Xeografía | |
Superficie | 41.214 km² |
Longura máxima | 355 km. |
Largura máxima | 252 km. |
Punto máis alto | 625 m. Mathiasen Mountain |
Demografía | |
Capital | Coral Harbour |
Poboación | 834 hab.[1] (censo 2011) |
A illa de Southampton (en inuktitut: Shugliaq)[2] é unha illa do norte do Canadá. Áchase na entrada da baía de Hudson, dentro da rexión de Kivalliq en Nunavut, o Canadá. Ten unha superficie de 41214 km² e unha poboación de 834 persoas. É a 34ª na lista de illas máis grande do mundo por superficie e a novena na lista de illas canadenses por superficie. O único asentamento na illa de Southampton é Coral Harbour (pob. 834, Canadá censo 2011), chamado en Inuit Salliq.
A illa Southampton é unha das poucas zonas canadenses, e a única zona en Nunavut, que non usa o horario de verán.
Historicamente falando, a illa de Southampton é famosa polos seus habitantes agora-extintos, os Sadlermiut (en Inuktitut moderno Sallirmiut "Habitantes de Salliq"), que foron o último vestixio dos Tuniit. a Tuniit, unha cultura pre - Inuit, oficialmente extinguiuse etnicamente e culturalmente en 1902-03[3] cando unha enfermidade infecciosa matou a todos os Sallirmiut en cuestión de semanas.
A primeira visita rexistrada da illa polos europeos foi en 1613 polo explorador galés Thomas Button.[4]
A principios do século XX, a illa foi repoboada por Aivilingmiut desde Repulse Bay e Chesterfield Inlet, promovida polo capitán baleeiro George Comer e outros. Nativos da Illa de Baffin chegaron 25 anos despois.
O sitio arqueolóxico de Native Point na boca de Native Bay é o sitio máis grande de Sadlermiut na illa.[5]
A illa de Southampton ten recursos xeolóxicos que son de interese científico e industrial.[6]
Con todo, segundo o goberno de Nunavut, aínda falta un coñecemento completo da illa.[7]
Está separada da península de Melville polo Estreito de Frozen.[8] Outras vías navegables que rodean a illa inclúen Roes Welcome Sound ao oeste, Bay of Gods Mercy no suroeste, Fisher Strait no sur, Evans Strait no sueste, e Foxe Channel no leste.
Hansine Lake atópase no extremo norte, a Península de Bell localízase na parte suroriental da illa.[9] A montaña Mathiasen, que forma parte das montañas Porsild, é o pico máis alto da illa. A forma da illa é vagamente similar á de Terra Nova.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Southampton |