Inocencio V, papa
Nacementoanos 1220xuliano e 1225
Lugar de nacementoChampagny-en-Vanoise e Moûtiers
Falecemento29 de xuño de 1276 e 22 de xuño de 1276
Lugar de falecementoRoma
SoterradoBasílica de San Xoán de Latrán
NacionalidadeFrancia
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade de París
Ocupaciónrelixioso cristián, sacerdote católico, filósofo e teólogo
Na rede
Find a Grave: 6926284 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.)

Pierre de Tarentaise (circa 1225, Champagny, Savoia22 de xuño de 1276, Roma), foi nomeado papa o 21 de xaneiro de 1276, co nome de Inocencio V.

Orixinario dunha pequena aldea de Tarentaise (aínda que para xentes do Val de Aosta, procedía do lugar de Ecours, na comuna de La Salle), ingresou na orde dominica á idade de 16 anos. Estudou Teoloxía no Colexio da Sorbona, onde sería moi pronto profesor. A súa fama foi tal que sería coñecido como o «doctor famosissimus» («o máis célebre dos doutores»).

Logo de ocupar o cargo de provincial, foi designado, en 1272, arcebispo de Lión e, posteriormente, primado da Galia. En 1273, foi promovido ao rango de cardeal-bispo de Ostia, cerca de Roma. Xogou un grande papel no IIº concilio de Lión, pronunciando o sermón fúnebre por San Boaventura.

O 21 de xaneiro de 1276, despois da morte de Gregorio X, foi elixido papa, tomando o nome de Inocencio V. Morreu cinco anos máis tarde. Deixou varios tratados de Teoloxía e de Dereito canónico, sendo de salientar o Comentario ás Sentencias de Pedro Lombardo (1652), e mais catro tratados filosóficos: De unitate formæ, De materia cæli, De æternitate mundi, De intellectu et voluntate. Foi beatificado polo papa León XIII no ano 1898.

Identifícase co «Concionator Gallus» da profecía de San Malaquías.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.