![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de xullo de 1885 ![]() Ixelles, Bélxica ![]() |
Morte | 24 de maio de 1948 ![]() Prangins, Suíza (pt) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia Bélxica ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Francia ![]() |
Ocupación | director de cinema , actor de cinema , produtor de cinema , actor , guionista , montador , realizador ![]() |
Período de actividade | 1914 ![]() ![]() |
Lingua | Lingua alemá e lingua francesa ![]() |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia![]() | |
Cónxuxe | Françoise Rosay (1917–1948) |
Fillos | Paul Feyder (en) ![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Jacques Léon Louis Frédérix, nado en Ixelles (Bélxica) o 21 de xullo de 1885 e finado en Prangins (Suíza) o 24 de maio de 1948 foi un actor, guionista e director belga coñecido como Jacques Feyder, que traballou especialmente no cinema francés. Nacionalizouse francés en 1928.
Feyder estudou na École régimentaire de Nivelles e estaba destinado a unha carreira militar. Porén, aos vinte e cinco anos marchou a París, onde comezou a interesarse na interpretación, primeiro no teatro e logo no cinema, adoptando o nome artístico de Jacques Feyder.
Uniuse á Gaumont Film Company e en 1914 converteuse en axudante de director de Gaston Ravel, comezando a dirixir filmes en 1916. Non obstante, a súa carreira foi interrompida por ter que servir o exército belga entre 1917 e 1919. Trala guerra volveu a dirixir e construíuse unha reputación como un dos directores máis innovadores do cinema francés.
L'Atlantide (1921) e Crainquebille (1922) foron os primeiros dos seus filmes en conseguir o interese do público e da crítica. Pronto recibiu unha oferta como director artístico nunha nova compañía, Vita Films, en Viena, xunto cun contrato para tres filmes. Realizou L'Image (Das Bildnis) (1923), mais a compañía fracasou e volveu a París.[1] Ademais de dirixir escribiu guións para autores coma Julien Duvivier e Jean Grémillon. O seu último filme mudo en Francia, Les Nouveaux Messieurs, foi prohibido nese país por "insultar a dignidade do parlamento e os seus ministros."[2]
Nese momento Feyder aceptara unha oferta da MGM para traballar en Hollywood, onde o seu primeiro proxecto foi dirixir a Greta Garbo en The Kiss, que supuxo o seu último filme mudo. Algúns dos seus filmes en Hollywood foron versións noutras linguas de filmes estadounidenses, como Anna Christie, de novo con Garbo.
Desilusionado co sistema de Hollywood volveu a Francia en 1933. Nos seguintes anos dirixiu algúns dos seus filmes de máis éxito, todos co guionista Charles Spaak e protagonizados por Françoise Rosay: Le Grand Jeu (1934) e Pension Mimosas (1935) dentro do realismo poético e La Kermesse héroïque (1935), filme de época con resonancias políticas contemporáneas co que gañou varios premios internacionais.
Feyder dirixiu filmes en Inglaterra e Alemaña antes do inicio da segunda guerra mundial, mais con pouco éxito. Trala ocupación nazi de 1940, que levou a prohibir La Kermesse héroïque, abandonou Francia pola seguridade de Suíza, onde dirixiu o seu último filme, Une femme disparaît (1942).[3]