Jasminum

Jasminum fruticans
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Lamiales
Familia: Oleaceae
Tribo: Jasmineae
Xénero: Jasminum
L.
Especies

Máis de 200 especies, véxase Lista de especies de Jasminum Fontes: ING,[1] CPN,[2] UniProt[3]


Algúns botánicos inclúen aos Oleaceae dentro da orde Lamiales

Sinonimia
  • Mogorium Juss., Gen. Pl.: 106 (1789).
  • Nyctanthos St.-Lag., Ann. Soc. Bot. Lyon 7: 56 (1880).
  • Noldeanthus Knobl., Repert. Spec. Nov. Regni Veg. 38: 74 (1935).

Jasminum, os xasmíns é un xénero con arredor de 300 especies de arbustos gateadores. É oriúndo das rexións tropicais e subtropicais de Europa e Asia, sendo amplamente cultivado. A maioría das especies medran como rubideiras sobre doutras plantas ou guiadas en estruturas.

En Galiza atopamos as especies principalmente na xardinaxe, sendo a máis frecuente o xasmín común, rubideira de flores moi recendentes. Con todo tense descrito a especie Jasminum fruticans espontánea nas provincias de Lugo e Ourense.

Etimoloxía

O termo galego xasmín provén do árabe clásico yāsamīn e este do pelvi yāsaman,[4] "agasallo de Deus".[5]

Descrición

As flores dos xasmíns, comunmente brancas – se ben hai algunhas especies amarelas–, posúen a miúdo un doce e intenso recendo que lembra ao da flor da laranxeira. Estas plantas cultívanse principalmente polas súas flores, no xardín, coma planta de interior ou para flor cortada. A flor dura arredor de 24 horas.

No sur e sueste de Asia as mulleres adoitan levar as flores no pelo. Empréganse tamén en infusións, cuxa base é o té verde e moitas destilan un aceite co que se elaboran perfumes. En aromaterapia, empréganse no aspecto emocional coma un afrodisíaco, e pola parte física coma relaxante muscular e analxésico.

Especies

  • Jasminum adenophyllum Wall. - xasmín azulado, j. princesa, Che vang, Lai la co tuyen[6]
  • J. albicalyx
  • J. amplexicaule
  • J. angulare
  • J. angustifolium
  • J. arborescens
  • J. attenuatum
  • J. auriculatum
  • J. azoricum
  • J. beesianum
  • J. cinnamomifolium
  • J. coffeinum
  • J. craibianum
  • J. cuspidatumkmkm
  • J. dichotomum Vahl - xasmín dourado costeiro[7]
  • J. dispermum
  • J. duclouxii
  • J. elegans
  • J. elongatum
  • J. flexile
  • J. floridum
  • J. fluminense
  • J. fruticans
  • J. fuchsiifolium
  • J. grandiflorum L. - xasmín español,[7] xasmín real
  • J. guangxiense
  • J. hongshuihoense
  • J. humile L. - xasmín italiano amarelo[7]
  • J. lanceolarium
  • J. lang
  • J. latifolium
  • J. laurifolium
  • J. longitubum
  • J. microcalyx
  • J. mesnyi Hance - xasmín xaponés,[7] Primrose Jasmine,[7] Yellow Jasmine[7]
  • J. molle
  • J. multiflorum
  • J. multipartitum
  • J. nervosum
  • J. nintooides
  • J. nitidum
  • J. nudiflorum
  • J. odoratissimum L. - xasmín amarelo[7]
  • J. officinale L. xasmín común,[7] Poet's Jasmine,[7] jasmine,[7] jessamine[7]
  • J. parkeri Dunn - xasmín anano[8]
  • J. pentaneurum
  • J. pierreanum
  • J. polyanthum Franch.
  • J. prainii
  • J. pubescens
  • J. rehderianum
  • J. rex
  • J. roxburghianum
  • J. rufohirtum
  • J. sambac (L.) Aiton - xasmín árabe[7]
  • J. seguinii
  • J. simplicifolium
  • J. sinense
  • J. stephanense
  • J. subhumile
  • J. subglandulosum
  • J. subtriplinerve
  • J. tonkinense
  • J. tortuosum
  • J. urophyllum
  • J. wengeri
  • J. yuanjiangense

Véxase

Cultivo

Cómpren de abondosa luz, especialmente se fican nun interior; no exterior non é conveniente que se expoñan directamente aos raios do sol, porque se han tornar murchos.

Cómpre protexelos das xeadas. Non aturan o exceso de frío no invierno xa que non deixa que a planta floreza, uns 13 graos son o ideal. No verán aturan ben, sempre e cando haxa humidade no ambiente, poden aturrar os 25 °C sen problemas.

A respecto da rega, cando están a medrar no verán cómpre regalos cada dous días, e no inverno, cando están coa flor, cada 4 ou 5 días.

Cómpre espallar auga sobre a planta cando estea nun interior, mais sen mollar as flores, que ficarían manchadas.

Notas

  1. "Jasminum" (HTML). Index Nominum Genericorum. International Association for Plant Taxonomy. Consultado o 3 de juño de 2008. 
  2. "10. Jasminum Linnaeus" (HTML). Chinese Plant Names 15: 307. Consultado o 3 de xuño 2008. 
  3. UniProt. "Jasminum" (HTML). Consultado o 3 de xuño de 2008. 
  4. http://lema.rae.es/drae/?val=jazmín Jazmín. Diccionario de la Real Academia Española
  5. "jasmine, -in, jessamine, -in", OED
  6. "Bluegrape jasmine". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2009. Consultado o 18 de febreiro de 2013. 
  7. 7,00 7,01 7,02 7,03 7,04 7,05 7,06 7,07 7,08 7,09 7,10 7,11 "GRIN Species Records of Jasminum dataacceso=13-12-2008". Germplasm Resources Information Network (GRIN). United States Department of Agriculture, Agricultural Research Service, Beltsville Area. Arquivado dende o orixinal o 24-09-2015. Consultado o 18-02-2013. 
  8. "Jasminum parkeri". NC State University. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2008. Consultado o 13 de decembro de 2008. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas