Joan Maragall
Nacemento10 de outubro de 1860, 1 de xaneiro de 1861 e 1860
Lugar de nacementoBarcelona
Falecemento20 de decembro de 1911 e 1910
Lugar de falecementoBarcelona
SoterradoCementiri de Sant Gervasi
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta, tradutor, escritor e xornalista
CónxuxeClara Noble i Malvido
FillosJordi Maragall i Noble, Ernest Maragall i Noble, Joan-Anton Maragall i Noble, Helena Maragall Noble, Maria Maragall i Noble, Eulàlia Maragall i Noble, Josep Maragall i Noble, Clara Maragall i Noble, Anna Maragall i Noble, Guillem Maragall i Noble, Raimon Maragall i Noble, Elvira Maragall i Noble e Gabriel Maragall i Noble
PremiosMestre en Gai Saber e Premio Fastenrath
Na rede
Musicbrainz: 6b4d7a47-327c-4f3f-a864-fd2a61219c52 IMSLP: Category:Maragall,_Joan Find a Grave: 14552832 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Joan Maragall i Gorina, nado en Barcelona en 1860 e finado en 1911, foi un escritor catalán.

Traxectoria

Nado no seo da burguesía catalá, logo de rematar o bacharelato vai facer dúas viaxes, unha ao sur de España e outra a Francia que van ser claves para a súa visión do mundo. Enfrontado ao seu pai que quería que seguise a tradición familiar e entrase no negocio familiar, ao que Maragall se negaba para dedicarse á estudar, o que consegue en 1879 cando comeza os estudos de dereito na Universidade de Barcelona. Ao tempo que dedica horas á lectura de libros en catalán e castelán, e apaixonase coa obra de Goethe. En 1881 participa nos seus primeiros Jocs Florals con Dins sa cambra, que consegue un dos premios. En 1890 pasa a formar parte da redacción do Diario de Barcelona e ao ano seguinte casa con Clara Noble. En 1895 publica un dos seus poemas máis populares La vaca cega no libro Poesies e neses anos colabora con La Renaixença e La Veu de Catalunya. El Cant de la Senyera composto como himno do Orfeó Catalá en 1896. En 1900 aparece a primeira parte de El comte Arnau (a segunda aparecerá en 1906 e a terceira en 1911). En Visions e Cants (1900) aparece a Oda a l'Espanya. En 1904 foi proclamado mestre do Gai Saber, por gañar tres premios nos Jocs Florals.

Foi membro fundador da Secció Filològica de l'Institut d'Estudis Catalans. A temática na obra de Maragall é das máis amplas da literatura do século XIX catalá, están presentes o amor, a natureza, o canto á terra e á súa cidade, as lendas, os elementos espirituais.

Relación con Galicia

En 1903 visitou a cidade da Coruña e quedou engaiolado de Galicia que xa coñecía polas súas lecturas de Manuel Curros Enríquez. Tamén coñecía as teorías rexionalistas de Alfredo Brañas. Pero non foi ata 1929 que se traduciu o primeiro poema do poeta ao galego, o Himno da arbre froital. Ademais realizáronse tres traducións ó galego do coñecido poema La vaca cega[1]: a primeira tradución é obra de Xosé Iglesias Roura, publicada por vez primeira o 10 de xuño de 1917 n'A Nosa Terra; a segunda, obra de Xesús Alonso Montero publicada o 16 de xuño de 1972; e a derradeira tradución foi a cargo de Manuel Casado Nieto, publicada o 7 de agosto de 1981 no Faro de Vigo.

Notas

  1. Xesús Alonso Montero. Joan Maragall en Galicia. Tres traducións galegas de "La vaca cega" Arquivado 03 de abril de 2010 en Wayback Machine.. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos (2008).