John Milius | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 11 de abril de 1944 |
Lugar de nacemento | St. Louis |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Universidade do Sur de California, USC School of Cinematic Arts e Steamboat Mountain School |
Ocupación | director de cinema, guionista, produtor de cinema, actor de cinema e realizador |
Fillos | Amanda Milius |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
John Frederick Milius, nado o 11 de abril de 1944, é un guionista, produtor e director estadounidense. Foi un dos guionistas dos dous primeiros filmes da saga Harry o sucio. Recibiu un nomeamento ós Oscar como guionista de Apocalypse Now, e escribiu e dirixiu O vento e o león, Conan o bárbaro e Amencer vermello.
Na década de 1960 intentou alistarse no exército pero foi rexeitado por problemas de saúde. Comezou a súa carreira no mundo do cinema a partir dun concurso de filmes de estudantes en 1967, no cal gañou o primeiro premio co filme I'm So Bored. Comezou a traballar noutros filmes de pequenos orzamentos e finalmente en producións meirandes. Malia ter comezado como guionista, decidiu traballar como director ó quedar satisfeito coas modificacións feitas ós seus guións para The Life and Times of Judge Roy Bean e As aventuras de Jeremiah Johnson (1972).[1] Fascinado pola guerra de Vietnam, escribiu con Francis Ford Coppola o guión de Apocalypse Now en 1979, polo cal foi nomeado ó Oscar ó mellor guión adaptado.[2] O seu filme máis coñecido como director, Conan o bárbaro (1982), é considerado unha ilustración nietzschiana das ideas persoais do seu autor, e lembrado polo protagonista do filme, Arnold Schwarzenegger, como unha experiencia traumática.[3] Traballou tamén como conselleiro de guións en diversos filme, como Tiburón e The Hunt for Red October.
En 2005, creou con William J. MacDonald, para a canle inglesa BBC e para a estadounidense HBO, a serie de televisión Rome. En 2009, participou no guión do videoxogo Homefront de Kaos Studio.[4] En 2010, participou como guionista e director no desenvolvemento do proxecto da serie de televisión Pharaoh, semellante a Rome, pero esta volta ambientada no Antigo Exipto.[5]