John William Waterhouse | |
---|---|
Waterhouse, circa 1886. | |
Nacemento | 6 de abril de 1849 |
Roma | |
Falecemento | 11 de febreiro de 1917 |
Londres | |
Nacionalidade | Británico |
Cónxuxe(s) | Esther Kenworthy Waterhouse |
Eido | Pintura |
Adestramento | Royal Academy |
Movemento | Pre-Rafaelita |
Traballos | Hylas and the Nymphs The Lady of Shalott Ophelia |
Influenciado por | Lawrence Alma-Tadema Frederic Leighton |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
John William Waterhouse, nado o 6 de abril de 1849 en Roma e finado o 10 de febreiro de 1917 en Londres, foi un pintor británico de estio Pre-Rafaelita. A súa obra é varias décadas posterior ao fin da Irmandade Pre-Rafaelita, que tivo o seu apoxeo a mediados do século XIX, polo que recibiu o sobrenome de "o Pre-Rafaelita moderno". Influenciado tamén por outros artistas impresionistas contemporáneos, a súa obra é coñecida pola súa representación de mulleres da mitoloxía grega e das lendas artúricas.
Nado en Italia, os seus pais eran ámbolos dous pintores ingleses. Trasladouse posteriormente a Londres, asistindo á Royal Academy of Art. Ó pouco tempo comezou a expoñer obras nas exhibicións anuais de verán, centrándose en crear grandes cadros con escenas da vida diaria e da mitoloxía da Grecia antiga. Máis tarde adoptou o estilo Pre-Rafaelita de pintura malia o feito de que xa pasara de moda na escena artística de Gran Bretaña.
Aínda sen ser tan coñecido como outros artistas Pre-Rafaelitas como Dante Gabriel Rossetti, John Everett Millais ou William Holman Hunt, a obra de Waterhouse atópase exposta en varias das principais galerías de arte británicas, e a Royal Academy of Art organizou unha retrospectiva da súa obra no ano 2009.
En total, John William Waterhouse produciu 118 pinturas.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John William Waterhouse |