Johnny Carson
Nacemento23 de outubro de 1925
Lugar de nacementoCorning
Falecemento23 de xaneiro de 2005
Lugar de falecementoWest Hollywood
CausaEnfisema pulmonar
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Nebraska-Lincoln
Ocupaciónoficial, presentador de televisión, actor, xornalista, guionista, escritor, actor de teatro, mago e humorista
PaiHomer Lee Carson
NaiRuth Hook
CónxuxeJody Morrill Wolcott, Joanne Copeland, Joanna Holland e Alexis Maas
IrmánsDick Carson
PremiosPremios Peabody, Medalla Presidencial da Liberdade, Premios Emmy do Primetime, Premio Kennedy, star on Hollywood Walk of Fame e American Library Association Honorary Membership
Na rede
http://www.johnnycarson.com/
IMDB: nm0001992 Allocine: 37831 Allmovie: p11370 TV.com: people/johnny-carson IBDB: 110656
Musicbrainz: 5f8b00e3-edaf-4d1d-8f7c-484c137b8c57 Songkick: 1514346 WikiTree: Carson-2245 Find a Grave: 10361659 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

John William “Johnny” Carson, nado o 23 de outubro de 1925 en Corning e finado o 23 de xaneiro de 2005, foi un humorista e presentador de televisión estadounidense.

Traxectoria

Coñecido por ser o presentador de The Tonight Show Starring Johnny Carson na NBC durante 30 anos (1962–1992), Carson recibiu seis Emmys e un Peabody, recibiu tamén a Medalla Presidencial da Liberdade en 1992 e o Premio Kennedy en 1993[1]. Carson converteuse a partir da década de 1970 nunha icona estadounidense, dándolle consistencia aos programas nocturnos de talk show estadounidense modificando o formato que tiñan da época de Ed Sullivan, onde o presentador era tan só literalmente o que presentaba os diferentes espectáculos do programa cara a un formato no que o presentador se converte nun auténtico anfitrión, interactuando activamente cos convidados[2]. Xente como David Letterman, Jay Leno, Conan O'Brien, Craig Ferguson e Jimmy Fallon recoñeceron a influencia de Carson nos seus programas.

Notas

  1. Johnny Carson. Encyclopædia Britannica Online. (2009). Encyclopædia Britannica. Consultado o 21 de novembro de 2010.
  2. Bernard Timberg e Bob Erler Television talk: a history of the TV talk, p.58