Jorge Amado
e
Nacemento10 de agosto de 1912
 Itabuna, Baía, Brasil
Falecemento6 de agosto de 2001
 Salvador, Baía
CausaParada cardiorrespiratoria
NacionalidadeBrasil
Relixiónateísmo
Alma máterFaculdade de Direito da Universidade Federal do Rio de Janeiro
Ocupaciónescritor, xornalista, poeta, novelista e político
CónxuxeZélia Gattai
IrmánsJames Amado
Xénerosmodernismo
Coñecido/a porGabriela, Cravo e Canela, Dona Flor e Seus Dois Maridos, Tieta do Agreste, Capitães da Areia e Teresa Batista Cansada de Guerra
PremiosPremio Camões, Prix mondial Cino Del Duca, Premio Lenin da Paz, International Stalin Prize for Peace, Premio Nonino, Orde do Mérito Cultural, Grande-Oficial da Ordem do Infante Dom Henrique, Gran oficial da Orde militar de Santiago da Espada, Doctor honoris causa pela Universidade de Brasília, doutor honoris causa pola Universidade de Padua, Cidadán Benemérito da Liberdade e da Xustiza Social João Mangabeira e Comendador das Artes e as Letras
Na rede
http://www.jorgeamado.com.br/
IMDB: nm0023764 Allocine: 35104 IBDB: 10017
Bitraga: 85 Musicbrainz: a747fa8c-6228-4e06-9218-a3fa21db4e53 Discogs: 486341 Find a Grave: 6083947 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jorge Leal Amado de Faria, coñecido como Jorge Amado, nado en Itabuna (Baía) o 10 de agosto de 1912 e finado en Salvador o 6 de agosto de 2001, foi un escritor brasileiro.[1]

Traxectoria

Naceu na Facenda Auricídia[2], na cidade de Itabuna, situada ao sur do estado de Baía. Fillo do dono da facenda, cando tiña 1 ano de idade, a súa familia estableceuse na cidade de Ilhéus, litoral de Bahia, onde Jorge pasou a súa infancia. Fixo os estudos secundarios na cidade de Salvador, capital do Estado. Neste período, comezou a traballar en xornais e a participar da vida literaria, sendo un dos fundadores da chamada Academia dos Rebeldes.

Jorge publicou a súa primeira novela, chamada O País do Carnaval en 1931, cando tiña 18 anos. Casou con Matilde Garcia Rosa dous anos despois, e con ela tivo unha filla, Lila, que naceu en 1933. Neste ano, publicou a súa segunda novela, Cacau.

Graduouse na Facultade Nacional de Dereito[3] (en portugués, Faculdade Nacional de Direito) na cidade do Río de Xaneiro en 1935. Militante comunista, foi obrigado a exiliarse na Arxentina e o Uruguai entre os anos 1941 e 1942, período en que fixo unha viaxe por América Latina. Ao regresar a Brasil, separouse de Matilde Garcia Rosa.

No ano 1945, foi elixido membro da Asemblea Nacional Constituínte, polo Partido Comunista Brasileiro (PCB), sendo o deputado máis votado do estado de São Paulo. Como deputado, foi o autor da lei que asegura a liberdade de culto relixioso. Neste mesmo ano, casa coa tamén escritora Zélia Gattai.

En 1947, ano en que naceu João Jorge, primeiro fillo con Zélia, o seu partido PCB foi declarado ilegal, e os seus membros foron perseguidos e arrestados. Jorge tivo que exiliarse en Francia, onde quedou ata o ano 1950, cando foi expulsado. A súa primeira filla, Lila, morreu en 1949. Desde 1950 ata 1952, Amado residiu en Checoslovaquia, onde naceu a súa filla Paloma.

Ao volver a Brasil en 1955, Jorge Amado distanciouse da militancia política, pero sen deixar o Partido Comunista. Dedicouse, desde entón, integralmente á literatura. Foi electo, o 6 de abril de 1961 para a Academia Brasileira de Letras. Recibiu o título de Doutor Honoris Causa por diversas universidades. Tamén recibiu o título de Obá de Xangô na relixión Candomblé.

A súa obra foi adaptada ao cine, ao teatro e á televisión, e tamén foi tema de varios traballos de escolas de samba no Carnaval brasileiro. Os seus libros están traducidos a 49 idiomas e publicados en 55 países. Existen tamén publicacións en braille, e cintas de son gravadas para cegos.

En 1987, foi inaugurada no Largo do Pelourinho, situado na cidade de Salvador, Baía, a Fundación Casa de Jorge Amado, que abriga e preserva o seu acervo para investigadores. A fundación tamén axuda o desenvolvemento de actividades culturais no estado de Baía.

Jorge Amado morreu na cidade de Salvador o 6 de agosto de 2001. Foi cremado e as súas cinzas foron enterradas no xardín da súa casa o día 10 de agosto, cando cumpriría 89 anos.

O 4 de decembro de 2014, recibiu (post mortem) da Asemblea Lexislativa de Bahia a dignidade de Cidadán Benemérito da Liberdade e da Xustiza Social João Mangabeira, debido á súa traxectoria en defensa dos intereses sociais, o máis alto honor do Estado.[4][5]

En 2012 Cultura e Educación homenaxeou o 12 de maio ao escritor Jorge Amado na segunda sesión do ciclo ‘Galicia, Ceo das letras’.[6]

Crenzas e estilo literario

Mesmo dicíndose materialista, Amado era un practicante da Umbanda e do Candomblé relixión esta última na cal exercía o posto de honra de Obá de Xangô no Ilê Opó Afonjá, do cal moito se compracía. Amigos que Amado aprezaba no Candomblé eran mães-de-santo Mãe Aninha, Mãe Senhora, Mãe Menininha do Gantois, Mãe Stella de Oxóssi, Olga de Alaketu, Mãe Mirinha do Portão, Mãe Cleusa Millet, Mãe Carmem e o pai-de-santo Luís da Muriçoca.

Como Érico Veríssimo, Rachel de Queiroz, José Américo de Almeida, José Lins do Rego e Graciliano Ramos, Amado representaba o modernismo rexionalista brasileiro (segunda xeración do modernismo).[7]

Na súa actuación literaria presentou dúas fases distintas: primeiramente de claro cuno social e político, que poden ser vistas en obras como O País do Carnaval, Cacau, Suor, Jubiabá, Capitães de areia e Os subterrâneos da liberdade, entre outras. Xa en obras como Gabriela, cravo e canela,Gabriela, cravo e canela, Dona Flor e Seus Dois Maridos, Tenda dos milagres, Tereza Batista cansada de guerra e Tieta do Agreste, pódese ver un aspecto máis rexionalista, segundo opinión do profesor, crítico e historiador de literatura brasileira Alfredo Bosi: "Na última fase abandónanse os esquemas da literatura ideolóxica que nortearan as novelas de 30 e de 40; e todo se disolve no pnitoresco, no 'saboroso', no 'gorduroso', no apimentado do rexional.[7]

Breve análise da súa obra

Jorge Amado adoptou un compromiso social cos pobres, os desposuídos, os marxinados da sociedade: obreiros, campesiños, prostitutas e vagabundos poboan as súas novelas, convértense en protagonistas e heroes.

Co paso dos anos, Amado foi cambiando a súa concepción do ben e o mal, da pobreza e a riqueza: nos momentos de militancia comunista aceptaba o ben identificado coa pobreza e o mal coa riqueza, aos poucos comprendeu que o ben e o mal non son froitos da pobreza ou a riqueza, senón que nacen da vontade e o carácter de cada persoa.

O éxito da literatura latinoamericana da década dos anos 60 tivo un precursor na obra de Jorge Amado, en cuxas obras mestura o realismo social cunhas acertadas doses de humor, erotismo e sensualidade, co heroísmo da tradición romántica do século XIX, e coas paixóns, os amores e os odios propios do melodrama.

Novelas de Bahía

Esta denominación, dada polo propio escritor, refírese ás novelas que teñen a Salvador de Baía como escenario. Jorge Amado denuncia as inxustizas sociais e a opresión nun mundo dividido entre bos e malos, negros e brancos, oprimidos e opresores, pobres e ricos: O país do Carnaval, Suor e Capitães da areia.

Novelas ligadas ao ciclo do cacao

En Cacau, São Jorge dous Ilhéus e Terras do sem-fim denuncia a explotación dos traballadores rurais polos exportadores de cacao nas facendas do sur de Baía; Amado narra historias líricas de malandros e vagabundos elevados á categoría de heroes románticos e folletinescos: Mar morto, Gabriela, cravo e canela, esta de 1958, converteuse nun dos maiores éxitos editoriais da literatura brasileira. Nesta tendencia encádrase tamén a novela A morte e A morte de Quincas Berro d'Água, na que Jorge Amado crea un dos seus mellores personaxes, o marinero Quincas Berro d'Água. Nestas novelas as protagonistas son grandes heroínas, moi coñecidas polo público brasileiro: Gabriela, Tieta do agreste e Dona Flor.

Outras obras

Jorge Amado escribiu tamén dúas importantes biografías noveladas: ABC de Castro Alves e O cavaleiro dá esperança na que narra a vida de Luís Carlos Prestes, o primeiro presidente do Partido Comunista Brasileiro.

En 1992, Amado publicou Navegaçãou de cabotagem, cuxo subtítulo é "apuntes para un libro de memorias que xamais escribirei", un libro de escritos fechados pero non ordenados cronoloxicamente, nos que o autor relata pasaxes da súa vida persoal e da súa carreira literaria.

Traducións das obras

A obra de Jorge Amado xa foi editada en 55 países, e vertida para 49 idiomas: albanés, alemán, árabe, armenio, azarí, búlgaro, catalán, chinés, coreano, croata, danés, eslovaco, esloveno, español, esperanto, estoniano, finés, francés, galego, xeorgiano, grego, guaraní, hebraico, holandés, húngaro, iídiche, inglés, islandés, italiano, xaponés, letón, lituano, macedonio, moldovo, mongol, noruegués, persa, polaco, romanés, ruso (tamén tres en braille), serbio, sueco, tailandés, checo, turco, turcomán, ucraíno e vietnamita.

Obra

Narrativa

Literatura infantil

Poesía

Teatro

Ensaio

Cartas

Son máis de 100 mil páxinas en proceso de catalogación as cartas trocadas con xente do mundo enteiro, gardadas nun acervo illado da súa fundación. A doazón foi entregada cunha reserva, por escrito: "Jorge escribiu que soamente cincuenta anos tras súa morte ese material debía ser aberto ao público", segundo a poeta Myriam Fraga, que dirixe a Casa desde súa creación hai vinte anos.

De relatos sobre libros e obras de arte a traxes do cotián, escribiuse con grandes escritores, poetas e intelectuais de seu tempo: Graciliano Ramos, Érico Veríssimo, Mário de Andrade, Carlos Drummond de Andrade, Monteiro Lobato e Gilberto Freyre, entre tantos outros brasileiros; Pablo Neruda, Gabriel García Márquez e José Saramago, entre tantos outros estranxeiros. No campo da política, a correspondencia estabeleceuse con nomes dos máis variados como: Juscelino Kubitschek, François Mitterrand e Antônio Carlos Magalhães.

As cartas mostran como o escritor recibía as máis imprevistas peticións ben como presentaba persoas unhas ás outras en época en que era intenso o diálogo vía postal. A correspondencia persoal de Jorge Amado pode ofrecer inestimável fonte de pescuda.[8]

Entre outros que formaban parte do círculo de amizades de Jorge Amado vale citar: Federico Fellini, Alberto Moravia, Yves Montand, Jorge Semprún, Pablo Picasso, Oscar Niemeyer, Vinícius de Moraes, Jean-Paul Sartre e Simone de Beauvoir.[9]

Adaptacións

Moitas das súas obras foron adaptadas para cinema, TV, teatro e radio, ben como para banda deseñada.[10] En 1960 estreou na TV Tupi a adaptación de Gabriela, Cravo e Canela, de Antônio Bulhões de Carvalho e dirixida por Maurício Sherman. En 1975, outra adaptación da novela Gabriela, feita por Walter George Durst estreouse na televisión pola Rede Globo. En 1976 estreou no cinema Dona Flor e seus Dois Maridos con dirección de Bruno Barreto. O filme tivo moito éxito, visto por máis de dez millóns de espectadores. Aínda virou miniserie e peza teatral. En 1982 e 1987 estrearon, respectivamente, no teatro Capitáns de Area e O Gato Malhado e a Andorinha Sinhá. A Rede Bandeirantes levou ao ar unha adaptación de Capitães de Areia á televisión en 1989. O mesmo ano, a Rede Globo estreou a telenovela Tieta, con dirección de Reynaldo Boury, Ricardo Waddington, Luiz Fernando Carvalho e Paulo Ubiratan. En 1995, a Rede Titular adaptou a obra Tocaia Grande para televisión. En 1998, foi ao aire outra adaptación da obra Dona Flor e Seus Dous Maridos, desta vez en formato de minisérie. En 2012, o remake de 1975 de Gabriela foi exhibido pola Rede Globo.

Premios

Premios internacionais

Premios brasileiros

Títulos

Notas

  1. Escritores.org. "Amado, Jorge". www.escritores.org (en castelán). Consultado o 2020-04-25. 
  2. "Historia y biografía de Jorge Amado". Historia y biografía de (en castelán). 2018-06-20. Consultado o 2020-04-25. 
  3. "Biografia de Jorge Amado". www.biografiasyvidas.com. Consultado o 2020-04-25. 
  4. Institucional. "Jorge Amado é homenageado com a mais importante honraria da AL". ALBa. Arquivado dende o orixinal o 03/03/2016. Consultado o 05/12/2014. 
  5. "Cidadáns Galardoados". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2014. Consultado o 12 de marzo de 2014. 
  6. "Cultura e Educación homenaxea o 12 de maio ao escritor Jorge Amado na segunda sesión do ciclo ‘Galicia, Ceo das letras’ Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2020-04-25. 
  7. 7,0 7,1 Amaral, Emília (2010). Novas palavras, nova coleção. FTD. ISBN 9788532274922. 
  8. "Jorge Amado - Vida e obra de Jorge Amado". Brasil Escola (en portugués). Consultado o 2020-04-25. 
  9. "Pernambuco.com - Diario". web.archive.org. 2014-08-19. Archived from the original on 19 de agosto de 2014. Consultado o 2020-04-25. 
  10. "Bis!: Clássicos de Jorge Amado adaptados para cinema, TV e teatro". redeglobo.globo.com (en portugués). Consultado o 2020-04-24. 

Véxase tamén

Ligazóns externas