Julia Roberts
Nome completoJulia Fiona Roberts
Nacemento28 de outubro de 1967
LugarSmyrna
NacionalidadeEstados Unidos de América
RelixiónHinduísmo, budismo, Cristianismo ortodoxo e catolicismo
Educada enCampbell High School, Universidade do Estado da Geórgia, Lee Strasberg Theatre and Film Institute e Saint Monica Catholic High School
PaiWalter Grady Roberts
NaiBetty Lou Bredemus
Cónxuxe(s)Lyle Lovett e Daniel Moder
FillosHazel Patricia Moder, Phinnaeus Walter Moder e Henry Daniel Moder
Profesiónactriz de televisión, actriz de cinema, produtora, modelo, actriz de teatro, actriz de dobraxe e actriz
Na rede
IMDB: nm0000210 Allocine: 13593 Rottentomatoes: celebrity/10e6d476-3012-35d0-b308-59609ab64f74 Allmovie: p60634 TCM: 162850 Metacritic: person/julia-roberts TV.com: people/julia-roberts IBDB: 403590
Instagram: juliaroberts iTunes: 280700732 Last fm: Julia+Roberts Musicbrainz: 140c8033-e142-4ad9-95f9-d3c56ecfb6f3 Songkick: 2221949 Discogs: 173269 Allmusic: mn0001507299 WikiTree: Roberts-10357 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Julie Roberts, nada como Julie Fiona Roberts en Smyrna (Xeorxia) o 28 de outubro de 1967, é unha actriz estadounidense gañadora dos premios Oscar e Globo de Ouro.

Traxectoria

Os seus pais, antes de que ela nacese, mantiveran un taller de interpretación. Divorciáronse en 1971. O pai, Walter, era vendedor e mantivo sempre con Julia unha relación moi profunda. Morreu de cancro en 1976, cando ela apenas contaba nove anos, o que a afectou profundamente.

Julia ten dous irmáns, o popular Eric Roberts (1956) e Lisa (1965), que tamén son actores. Ten tamén unha medio irmá: Nancy. Julia asistiu á escola primaria de Fitzhugh, continuou os seus estudos en Griffiny finalizounos na High School de Campell, todas elas na propia Smyrna. Sempre quixo ser veterinaria, pero terminou estudando xornalismo, trasladouse con Lisa a Nova York e iniciou a súa carreira de actriz en 1987 cun pequeno papel en Firehouse. Custoulle conseguir outro traballo, ata que o seu irmán Eric, falou con Peter Masterson para que lle dese un papel no drama Blood Red, que non triunfou. A película ía ser dirixida polo propio Eric e o veterano Dennis Hopper.

Debutou na pantalla grande en Mystic Pizza (1988). En 1990, xunto a Richard Gere interpretou a unha prostituta en Pretty Woman, co que obtivo un nomeamento ó Oscar. O seu entrañable personaxe en Pretty Woman seduciu a público e crítica. Daquela converteuse na actriz mellor pagada de Hollywood cun salario de entre 16 e 17 millóns de dólares por película. Sempre foi un reclamo millonario para a billeteira.

Sendo unha das raíñas da comedia romántica, non lograra demostrar a súa valía en papeis máis serios. Esa espiña sacoulla uns anos máis tarde grazas a súa interpretación en Erin Brockovich, que lle valeu por fin o Oscar á mellor actriz. No ano 2001, Julia coprotagonizou xunto a Brad Pitt o filme The Mexican.

Vida persoal

Julia tivo moitos mozos, entre eles os actores: Liam Neeson, Dylan McDermott, Kiefer Sutherland, Jason Patric e Daniel Day-Lewis.

Casou o 27 de xuño de 1993 coa estrela da música country Lyle Lovett, en Marion (Indiana). A unión durou ata marzo de 1995 en que se divorciaron, aínda que ambos manteñen desde entón unha boa relación.

Na rodaxe do filme The Mexican namorou do cámara Danny Moder, rompendo a súa relación con Brad. Danny e Julia casaron en xullo de 2002. O domingo 28 de novembro de 2004 Julia Roberts tivo nos Ánxeles ós xemelgos Phinnaeus Walter e Hazel Patricia. O 18 de xuño de 2007 nacía o terceira fillo da parella, Henry Daniel Moder.

Filmografía

Julia Roberts cun soldado estadounidense no hospital da base aérea de Incirlik (Turquía), 7 de decembro de 2001.

Premios

Oscars

Ano Categoría Película Resultado
2000 Oscar á mellor actriz Erin Brockovich Gañadora
1990 Oscar á mellor actriz Pretty Woman Candidata
1989 Oscar á mellor actriz secundaria Steel Magnolias Candidata

Globos de Ouro

Ano Categoría Película Resultado
2010 Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musical Duplicity Candidata
2008 Globo de Ouro á mellor actriz secundaria La guerra de Charlie Wilson Candidata
2001 Globo de Ouro á mellor actriz - Drama Erin Brockovich Gañadora
2000 Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musical Notting Hill Candidata
1998 Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musical My Best Friend's Wedding Candidata
1991 Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musical Pretty Woman Gañadora
1990 Globo de Ouro á mellor actriz secundaria Steel Magnolias Gañadora

Premios BAFTA

Ano Categoría Película Resultado
1990 Mellor actriz Pretty Woman Candidata
2000 Mellor actriz Erin Brockovich Gañadora

Premios do Sindicato de Actores

Ano Categoría Película Resultado
2000 Mellor actriz protagonista Erin Brockovich Gañadora

Festival Internacional de Cine de Donostia

Ano Premio Resultado
2010 Premio Donostia Gañadora

Notas