Se desexa ver o artigo relacionado coa deusa Kali, vexa Kali.

Kali yuga é un período que aparece nas escrituras hinduístas. Chámaselle era de pelexa, do sánscrito káli: ‘dado' (ou máis ben o lado do dado marcado cun un: o lado perdedor do dado) e yugá: ‘era'.

Mitoloxía

A personificación de Kali

Segundo o Bhagavat Purana 4.8.3, Kali é un demo de pel negra, fillo de Krodha (‘ira') e Himsa (‘violencia'). Cometeu incesto coa súa irmá Durukti (‘calumnia') e así tivo dous fillos: Bhaya (‘medo') e Mritiu (‘morte').

Aparece como un xenio malvado no episodio de Nala, no Mahabharata.

Non se debe confundir a este malvado demo Kali coa deusa Kalí.

Lenda

Segundo o Mahabharata, a era de Kali comezou na media noite entre o 17 e o 18 de febreiro do 3102 a.C., no décimo segundo día da guerra de Kurukshetra (que durou en total 18 días), a noite en que os dous exércitos se negaron a deterse pola noitiña (para orar) e seguiron matándose durante toda a noite, na escuridade.

Debido á presenza do deus Krishna no planeta, a personificación de Kali non se atreveu a entrar con toda a súa forza. Pero no mesmo día da “desaparición” de Krishna (quen morreu aos 125 anos de idade), Kali entrou neste mundo mancando unha vaca de forma delictiva.

Este yuga do vicio durará exactamente 1200 anos dos deva (deuses) ou 432 000 anos dos humanos. Ao final, nacerá Kalki, o décimo e último avatar de Vishnu, que —montando un cabalo branco e brandindo unha espada— matará a toda a humanidade corrompida, e salvará aos que sigan sendo devotos de Vishnu.

Cronoloxía

Segundo as escrituras védicas, os catro yugas forman un ciclo de 4 320 000 anos (un maha-yuga, ou ‘grande era'), que se repite:

Neste maha-yuga en particular, as idades permutáronse: despois da primeira era (Satya-yuga), veu a terceira (Treta), e despois a segunda.

Outra nomenclatura das idades que se utiliza na India é:

Véxase tamén

Outros artigos