Kazuyo Sejima
Nacemento1956 e 29 de outubro de 1956
Lugar de nacementoHitachi
NacionalidadeXapón
Alma máterUniversidade de Mulleres do Xapón, Ibaraki Prefectural Mito First High School e Sukegawa Junior High School
Ocupaciónarquitecta
Coñecida porInstitut Valencià d'Art Modern
PremiosPremio Pritzker, Rolf Schock Prize in Visual Arts, Medalha de Honra da Fita Roxa, Berliner Kunstpreis, Prix de l'Équerre d'Argent, Oficial das Artes e das Letras e Erna Hamburger Prize
Na rede
http://www.sanaa.co.jp
IMDB: nm3047459 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Kazuyo Sejima.
Comisaría de policía na estación de Choju.
Apartamentos Kitagata.

Kazuyo Sejima (妹島 和世, せじま かずよ), nada na Prefectura de Ibaraki en 1956, é unha arquitecta xaponesa. En 1995 fundou canda a Ryue Nishizawa a firma de arquitectura SANAA (Sejima + Nishizawa e Asociados). Ademais de SANAA, Sejima e Nishizawa levan a cabo estudos independentes centrados, na súa meirande parte, en proxectos locais pequenos. No 2010, xunto ao seu compañeiro, Ryue Nishizawa, foi galardoada co Premio Pritzker.[1]

Traxectoria

Graduada en Arquitectura no 1981 pola Universidade de Mulleres do Xapón, comeza a colaborar na firma Toyo & Associates nese mesmo ano. Seis anos despois, no 1987, empeza a súa carreira en solitario co Estudo que leva o seu nome, Kazuyo Sejima & Associates.[2] Será no 1992 cando a nomeen nova arquitecta do ano no Xapón. Dende o 2000 foi profesora invitada en varias escolas como a Escola de Deseño da Universidade de Harward, da Escola Politécnica Federal de Lausana (Suíza e da Universidade de Princeton (Estados Unidos de América. Dende o 2001 é profesora da Universidade de Keio, Toquio.

Obras

Premios

Notas

  1. Zabalbeascoa, Anatxu (2010-03-29). "Los arquitectos del cambio". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-05-11. 
  2. "Kazuyo Sejima and Ryue Nishizawa Japanese architects". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2021-05-11. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Modelo:PremiosPritzker