Axente libre | |
Posición | Ala-pivote / Pivote |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 6 de febreiro de 1985 (39 anos) Minneapolis, Minnesota |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 107 kg (235 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Hopkins (Minnetonka, Minnesota) |
Universidade | Minnesota (2003–2004) |
NBA Draft | 2004 / Rolda: 1 / Elección: 14 Por Utah Jazz |
Carreira | dende 2004 |
Historial de equipos | |
Utah Jazz (2004–2006) Toronto Raptors (2006–2009) Dallas Mavericks (2009–2010) New Jersey / Brooklyn Nets (2010–2013) Boston Celtics (2013–2014) Washington Wizards (2014–2016) Phoenix Suns (2016) Atlanta Hawks (2016–2017) | |
Información en nba.com |
Kris Nathan Humphries, nado o 6 de febreiro de 1985 en Minneapolis, Minnesota, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que actualmente é axente libre.
Humphries foi elixido na 14ª posición do Draft da NBA de 2004 polos Utah Jazz.[1] Xogou dúas tempadas en Utah, onde acadou 3.6 puntos e 2.7 rebotes por partido, en 11.6 minutos de xogo.[2]
O 8 de xuño de 2006, Humphries foi traspasado xunto con Robert Whaley aos Toronto Raptors a cambio de Rafael Araújo.[3] Na tempada 2006-07, tras un comezo frouxo no cal non recibiu moitos minutos do seu adestrador Sam Mitchell, Humphries demostrou ser un gran reboteador con moita enerxía, e contribuíu a que os Raptors conseguiran o primeiro título da División Atlántico da súa historia.[4] O 28 de marzo de 2007, capturou sete rebotes ofensivos en 27 minutos contra os Miami Heat, ambas marcas as maiores da tempada[5] e da súa carreira.[6] O 13 de abril de 2007, mellorou esas marcas na vitoria dos Raptors contra os Detroit Pistons, con nove rebotes ofensivos, e 18 rebotes totais.[7][8] Humphries rematou a súa primeira tempada cos Raptors con 3.1 rebotes por partido e cunha porcentaxe de tiros de campo dun 47%, con 3.8 puntos por partido.[2]
O 9 de xullo de 2009, Humphries, Shawn Marion e Nathan Jawai foron traspasados aos Dallas Mavericks como parte dun traspaso entre catro equipos: Raptors, Mavericks, Orlando Magic e Memphis Grizzlies.[9]
O 11 de xaneiro de 2010, os Mavericks traspasaron a Humphries xunto a Shawne Williams aos New Jersey Nets para adquirir de novo a Eduardo Nájera.[10] O 27 de xaneiro de 2010, Humphries anotou 25 puntos, o máximo da súa carreira, contra Los Angeles Clippers.
A tempada 2010-11 foi unha gran tempada para Humphries, ao rematala acadando un dobre-dobre en puntos e rebotes.