San Xoán de Lagostelle | |
---|---|
Igrexa parroquial. | |
![]() | |
Concello | Guitiriz[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°10′52″N 7°53′37″O / 43.1811221, -7.8936052Coordenadas: 43°10′52″N 7°53′37″O / 43.1811221, -7.8936052 |
Poboación | 2.181 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 20[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xoán de Lagostelle é unha parroquia que se localiza ó oeste do concello de Guitiriz, onde radica a súa capital, homónima do concello. Segundo o IGE en 2012 tiña 1.972 habitantes (1.010 mulleres e 962 homes) distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.978 habitantes.
En 1898 constituíuse a nova parroquia de Santa Mariña de Lagostelle, segregándose os seus lugares de Lagostelle.[2]
Nesta parroquia hai varias construcións relixiosas e civís de interese. A igrexa parroquial, a máis moderna (anos 60) do Sagrado Corazón de María, a de Pardiñas, o Hotel Balneario Guitiriz con capela mesquita e campo de golf.
Lugares da parroquia de Lagostelle no concello de Guitiriz | |
---|---|
O Acevedo | Amariz | Ansede | Arxá | Barreiro | Belote | Cabanacomba | Cezar | Escádebas | Gomelio | Guitiriz | A Landoeira | Os Liñares | Pardiñas | O Pazo | O Penedo | O Sanguiñedo | Senande | Sesulfe | A Torre |