Lanterna Verde | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Green Lantern |
Director | Martin Campbell |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | Green Lantern de John Broome Gil Kane |
Intérpretes |
|
Música | James Newton Howard |
Fotografía | Dion Beebe |
Montaxe | Stuart Baird |
Estudio |
|
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | 17 de xuño de 2011 18 de setembro de 2016 (TVG) |
Duración | 114 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Acción |
Orzamento | $200 000 000 |
Recadación | $220 000 000 |
Na rede | |
http://www.greenlanternmovie.com/ | |
Lanterna Verde (en inglés: Green Lantern) é un filme estadounidense de superheroes baseado na personaxe de DC Comics Green Lantern que foi dirixido por Martin Campbell. Está protagonizado por Ryan Reynolds, Blake Lively, Peter Sarsgaard, Mark Strong, Angela Bassett e Tim Robbins. Foi orixinalmente escrito por Michael Green e Marc Guggenheim, e posteriormente foi reescrito por Michael Goldenberg.[1] O filme conta a historia de Hal Jordan, un piloto de aviación que é escollido para converterse no primeiro en ser membro de Green Lantern Corps. Hal recibe un anel que lle proporciona superpoderes para combater a Parallax, que ameaza con rachar co equilibrio de poder no universo.
Estreouse en galego na TVG o 18 de setembro de 2016.[2]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lanterna Verde |