Leslie Caron
Nome completoLeslie Claire Margaret Caron
Nacemento1 de xullo de 1931
LugarBoulogne-Billancourt
NacionalidadeFrancia e Estados Unidos de América
PaiClaude Caron
NaiMargaret Petit
Cónxuxe(s)Michael Laughlin, Geordie Hormel e Peter Hall
FillosJennifer Caron Hall e Christopher Hall
Profesiónactriz, actriz de cinema e bailarina de ballet
Na rede
IMDB: nm0001989 Allocine: 644 Rottentomatoes: celebrity/leslie_caron Allmovie: p11131 TCM: 29278 TV.com: people/leslie-caron
Musicbrainz: 87d1cab5-70f4-412b-814b-033a55b3d8d9 Discogs: 939348 WikiTree: Caron-1550 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Leslie Claire Margaret Caron, nada en Boulogne-sur-Seine o 1 de xullo de 1931, é unha actriz e bailarina franco-estadounidense. Caron dixo dela mesma: "Non son unha bailarina. Deféndome".[1]

Traxectoria

Leslie Caron naceu en Boulogne-sur-Seine, filla do químico Claude Caron e a bailarina estadounidense Margaret Petit. Dende pequena preparouse para a súa futura carreira grazas á axuda da súa nai.

Foi descuberta por Gene Kelly mentres bailaba cun ballet e o bailarín escolleuna para ser a súa parella en Un americano en París (1951). O éxito de Caron foi tan elocuente que asinou un contrato de longa duración coa MGM, o que lle permitiu aparecer noutros títulos como The Glass Slipper (1955) ou Lili (1953), que lle valeu a súa primeira candidatura aos premios Oscar. Na segunda metade da década de 1950 apareceu en títulos como Papá pernas longas (1955) con Fred Astaire ou Gigi (1958) con Louis Jourdan e Maurice Chevalier.

Co declive dos musicais a principiios da década de 1960, Caron deu un xiro á súa carreira coa interpretación dunha embarazada esperando abortar en The L-Shaped Room (1962), pola que gañou o premio BAFTA. Outras aparicións nos anos seguintes inclúen Father Goose (1964) xunto a Cary Grant; a obra de Ken Russell Valentino (1977), sobre o mítico actor Rodolfo Valentino, na que Caron fai o papel de Alla Nazimova; Ferida, de Louis Malle (1992); Chocolat, de Lasse Hallström (2000) ou Le Divorce (2003) de James Ivory xunto a Kate Hudson e Naomi Watts.

Filmografía

Notas

  1. Leslie Caron Quotes and Trivia at FilmSpot