Lincoln | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Lincoln |
Director | Steven Spielberg |
Produtor | Steven Spielberg Kathleen Kennedy |
Guión | Tony Kushner |
Baseado en | Team of Rivals: The Political Genius of Abraham Lincoln de Doris Kearns Goodwin |
Intérpretes | Daniel Day-Lewis Sally Field David Strathairn Joseph Gordon-Levitt James Spader Hal Holbrook Tommy Lee Jones |
Música | John Williams |
Fotografía | Janusz Kamiński |
Montaxe | Michael Kahn |
Estudio | Touchstone Pictures DreamWorks Pictures Reliance Entertainment Participant Media Amblin Entertainment The Kennedy/Marshall Company |
Distribuidora | Walt Disney Studios Motion Pictures (Doméstico) 20th Century Fox (Internacional) |
Estrea | 2012 |
Duración | 150 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Biográfico |
Orzamento | $65 000 000[1] |
Recadación | $275 300 000 |
Na rede | |
http://www.thelincolnmovie.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Lincoln é un filme estadounidense dirixido por Steven Spielberg que se estreou no 2012.
En 1865, mentres a guerra civil americana se achega á súa fin, o presidente Abraham Lincoln propón a instauración dunha emenda que prohiba a escravitude nos Estados Unidos. Porén, isto presenta un gran dilema: se a paz chega antes de que se acepte a emenda, o Sur terá poder para rexeitala e manter a escravitude nos seus estados; se a paz chega despois, centos de persoas seguirán morrendo na fronte. Nunha carreira contra reloxo para conseguir os votos necesarios, Lincoln enfróntase á maior crise de conciencia da súa vida.