Colima | ||
---|---|---|
Falado en: | Colombia | |
Rexións: | Cundinamarca | |
Extinción: | século XIX | |
Familia: | Linguas caribes Caribe amazónico Colima | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
Status | ||
O colima é unha lingua indíxena extinta falada até o século XIX na beira dereita do río Magdalena e sobre os ríos Negro e Pacho, no departamento colombiano de Cundinamarca.
A lingua coñécese por polo menos dúas listas de vocabulario que conteñen menos de cincuenta de palabras en total. Aínda que eses datos non permiten clasificar a lingua con seguridade, uns cantos dos termos mostran semellanzas coas linguas caribes e coa lingua muzo, outra lingua de difícil clasificación da mesma rexión.