Lista de emperadores bizantinos

Advertencias preliminares

  1. É difícil determinar cando exactamente termina o Imperio Romano e comeza o Imperio Bizantino. En 284, Diocleciano dividiu o Imperio Romano en dúas metades: oriental e occidental, con propósitos administrativos. Algúns historiadores sinalan como primeiro emperador bizantino a Constantino I, o primeiro emperador cristián, que mudou a capital imperial a Constantinopla. Outros sinalan a Valente, ao consideraren que a Batalla de Adrianópolis (378) é un dos puntos históricos distintivos frecuentemente utilizados para sinalar o comezo da Idade Media. Outros, a Arcadio, tratando a Teodosio I como último emperador dun Imperio Romano unificado, ou a Zenón, porque Rómulo Augústulo, último emperador de Occidente, foi deposto durante o seu reinado. Algúns datan o cambio tardiamente, con Heraclio, que substituíu o tradicional título romano de "Augusto" polo de "Basileus" e deixou de usar o latín, impoñendo o grego como lingua oficial. Os especialistas en numismática sinalan os cambios producidos por Anastasio I en 498, ao impoñer o sistema grego de numeración. Por certo, os bizantinos continuaron chamando "Romano" ao seu imperio por máis dun milenio.
  2. Os agrupamentos dinásticos que aparecen neste artigo seguen a opinión máis xeneralizada entre os historiadores, pero outras fontes poden indicar agrupamentos lixeiramente distintos. De feito, algúns dos agrupamentos son convencionais, e non unha "dinastía" no sentido propio do termo.

Emperadores Romanos

Ver Lista de emperadores romanos

Dinastía Constantiniana

Constantino o Grande.

Non dinástico

Dinastía Valentiniana-Teodosiana

Dinastía de León

Dinastía Xustiniana

Non dinástico

Dinastía dos Heráclidas

Non dinásticos

Restauración

Non dinásticos

Dinastía Isáurica

Non dinásticos

Dinastía Amoriana

Dinastía Macedonia

Basilio I e o seu fillo León VI.

Non dinástico

Dinastía Ducas-Comneno

Nomisma coa efixie de Isaac I Comneno.

Foi a dinastía que resolveu ata certo punto a grande crise do século XI, aínda que foron convocadas cruzadas na súa axuda, o imperio dos Comneno non soubo aproveitar estas cruzadas, que acabaron por seren prexudiciais. O primeiro destes emperadores, Alexo I Comneno, deu salvado o imperio dos normandos, pero desamigouse dos cruzados e non accedeu a expulsar os selxúcidas do centro de Anatolia, un erro fatal, pois posteriormente o imperio no tería capacidade para facelo. O seu sucesor Xoán II Comneno tampouco non deu expulsado os turcos, xa que temía controlar un imperio demasiado poderoso e, polo tanto, demasiado difícil de controlar. O seguinte emperador Manuel I Comneno foi o último emperador que intentou conquistar Italia e refacer o Antigo Imperio Romano, pero non o conseguiu xa que o imperio non tiña os medios suficientes para tal empresa militar; posteriormente intentou conquistar o califato de Iconium pero foi emboscado en Miriocéfalo, e tivo que ceder territorio para salvar a súa vida; a pesar dos seus pouco graves fracasos, Manuel I Comneno conseguiu poñer Bizancio á cabeza dos reinos cristiáns en poderío e prosperidade. O seguinte emperador foi Alexo II Comneno, un menor de idade que foi asasinado antes de poder liberarse dos seus rexentes. O asasino de Alexo II foi Andrónico I Comneno, un ancián demente que fixo moito dano ao Imperio. Pero este imperio seguiría debilitándose coa dinastía Ánxelo antes de caer en 1204 ante a cuarta cruzada.

Dinastía Anxo

Toma de Constantinopla polos Cruzados

En 1204, os cruzados toman e saquean Constantinopla, executan a Aleixo V (a instancias de seu sogro, Aleixo III) e fundan o Imperio Latino, impoñendo a Balduíno IX, conde de Flandres, como emperador. Ao se impoñeren, reclamarán os territorios do Imperio Bizantino, aínda que so exercerán control efectivo sobre algunhas áreas de Grecia, a cidade e territorios adxacentes. Mentres tanto, os aristócratas bizantinos fundaron novos estados, controlando gran parte do territorio: o Imperio de Nicea, o Imperio de Trebisonda e o Despotado de Epiro serían os máis influentes. A sucesión imperial lexitimada polo Patriarca de Constantinopla (e, na práctica, por superioridade militar), quedará en mans dos emperadores de Nicea, que recuperarán a capital bizantina logo de 57 anos de ocupación latina.

Dinastía Láscaris (Imperio de Nicea)

Titulares

1502, pasa os seus dereitos aos Reis Católicos.