Mapa da ecorrexión dos Llanos.
Paisaxe dos Llanos de Colombia.

Os Llanos son unha rexión do norte de Suramérica repartida entre Venezuela e Colombia, na conca do Orinoco.

É unha ecorrexión e ecosistema que forma parte do proxecto Global 200, que inclúe ecosistemas prioritarios para a conservación da Natureza do World Wide Fund for Nature (WWF).

Ten dúas estacións climatolóxicas ben marcadas, a estación de chuvia e a estación de seca, e caracterízase polas súas extensas sabanas, e o seu clima intertropical de sabana (na clasificación climática de Köppen, que é húmido e caloroso, exceptuando nos llanos altos, con clima máis suave), con altas temperaturas en xeral.

A rexión, por situarse no interior e, polo tanto, en ausencia de influencia marítima, permite unha maior amplitude térmica diaria que nas zonas costeiras; as temperaturas máis baixas rexístranse na época de chuvias, e polo tanto en agosto adoitan rexistrarse temperaturas máis baixas que en xaneiro, pero a amplitude térmica anual é, de todos os xeitos, pouco significativa en xeral.

A importancia económica dos Llanos débese a que esta é unha rexión apta para a gandería extensiva e para a agricultura. Tamén existe unha importante actividade petroleira nos estados venezolanos de Anzoátegui, Apure, Barinas, Guárico e Monagas, e nos departamentos colombianos de Arauca, Casanare, Vichada e Meta.

O principal ritmo musical dos Llanos é o joropo.

División político-administrativa

Os Llanos forman parte do territorio de dous países: Colombia (onde conforman a rexión da Orinoquía, e onde se lles dá o nome de Llanos Orientais), e Venezuela. A división político-administrativa é:

En Venezuela

Grupo de capibaras no Hato La Fe, Llanos do Estado Guárico (Venezuela).

No territorio venezolano, os Llanos están conformados polos estados Apure (excepto o Municipio Páez), Barinas, excepto os municipios Cruz Paredes e Bolívar, Portuguesa, Cojedes, Guárico, Anzoátegui e Monagas. Os Llanos venezolanos concentran o 14% dos habitantes do país. En Venezuela os Llanos divídense en tres rexións:

Das 24 entidades federais do país, sete son dos Llanos:

En Colombia

Os Llanos Orientais ou Orinoquía.
Os Llanos Orientais en Colombia (verde).
Departamentos dos Llanos Orientais.

No territorio colombiano son catro os departamentos que abarcan case a totalidade da Orinoquía ou Llanos Orientais: Arauca, Casanare, Vichada e Meta. Porén nalgunhas partes o Llano esténdese máis alá do río Guaviare cara aos departamentos do Guainía e Guaviare, se ben estes son considerados maioritariamente amazónicos.

Aínda que os Llanos Orientais son unha extensa rexión que abarca o 28% da superficie de Colombia, están bastante deshabitados. Case a metade dos seus poboadores habita en Villavicencio, a cidade máis grande da rexión. Os departamentos e cidades máis importantes do Llano colombiano, de norte a sur, son:

Infraestruturas

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas