O loito[1] tamén chamado luto, lucto e luito,[2] do latín luctu[3]é unha forma social de expresar a perda ante a morte. A través de diferentes elementos representativos, as persoas e a sociedade expresan e explican o sentimento de perda.
Os elementos formais varían segundo os países e culturas; no noso caso, isto faise a través de tumbas, candeas e roupas ou a cor negra (roupa de loito). Co tempo, estas expresións, xunto cos ritos funerarios, cambiaron moito.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Loito |
Este artigo sobre psicoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |