Onda Media (OM), ás veces denominada tamén Frecuencia Media (MF), (do inglés, Medium Frecuency) é a banda do espectro electromagnético que ocupa as frecuencias de 300 kHz a 3 MHz.

Características da banda de onda media

[editar | editar a fonte]

A propagación nesta banda segue a curvatura da Terra, e as ondas poden reflectirse na ionosfera.

Isto fai que o seu alcance sexa duns centos de km perante o día, e é maior canto máis baixa é a frecuencia da onda. De noite propágase mellor que polo día, porque desaparece a capa D da ionosfera que absorbe fortemente as ondas medias.

Trátase dunha banda sumamente vulnerable ao ruído:

Sistemas que funcionan na onda media

[editar | editar a fonte]

Radiodifusión

[editar | editar a fonte]

Dende os comezos da radio (nos anos da década de 1920), as ondas nestas frecuencias úsanse para a radiodifusión en AM debido á facilidade con que atravesan obstáculos e á relativa simplicidade dos equipos de entón:

Frecuencias utilizables na onda media europea (en kHz)

531 540 549 558 567 576 585 594 603 612 621 630
639 648 657 666 675 684 693 702 711 720 729 738
747 756 765 774 783 792 801 810 819 828 837 846
855 864 873 882 891 900 909 918 927 936 945 954
963 972 981 990 999 1008 1017 1026 1035 1044 1053 1062
1071 1080 1089 1098 1107 1116 1125 1134 1143 1152 1161 1170
1179 1188 1197 1206 1215 1224 1233 1242 1251 1260 1269 1278
1287 1296 1305 1314 1323 1332 1341 1350 1359 1368 1377 1386
1395 1404 1413 1422 1431 1440 1449 1458 1467 1476 1485 1494
1503 1512 1521 1530 1539 1548 1557 1566 1575 1584 1593 1602

Radioafección

[editar | editar a fonte]

Os radioafeccionados teñen asignada unha banda nesta parte do espectro: a banda de 160m, que abarca dende os 1800 ata os 2000 quilohercios, dependendo dos países. A título experimental, estanse autorizando estacións de afeccionados arredor dos 500 quilohercios (banda de 600 metros) ao desaparecer o uso nesa frecuencia para as chamadas de emerxencia no mar[2].

Radioaxudas

[editar | editar a fonte]

Entre os 300 e os 500 quilohercios existen estacións chamadas radioaxudas ou radiofaros destinadas na súa orixe a orientar o tráfico marítimo, e complementadas dende a década de 1940 con outras destinadas a servir de balizas á aviación. Son as instalacións denominadas NDB, iniciais en inglés de Non-Directional Beacon, balizas non direccionais. Estas emisoras son de funcionamento automático e radian cada poucos segundos nunha combinación de letras en código morse.

Antenas de ferrita

[editar | editar a fonte]
Módulo de antena de ferrita con amplificador de sinal.

Unha peculiaridade da radiodifusión en onda media é a presenza no interior de moitos aparatos receptores dunha barra, de entre 4 e 20 centímetros de lonxitude, composta de ferrita e arredor da cal van enroladas varias espiras de cable moi fino. Isto dálle aos aparatos un carácter altamente direccional, que permite ao oínte colocalos da maneira mais óptima para a escoita (coa barra perpendicular ao lugar de procedencia da emisión).

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. Web de RNE http://www.rtve.es/drm/inicio.htm, consultada o 27 de decembro de 2011.
  2. Web de radioafeccionados da banda de 500 kHz (en inglés) en http://www.500kc.com/

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]